Inauguración da exposición #emblemasXXI de Sandra Peñasco González

12/3/18 10:00 AM
  • Students Congresses, conferences ... Cultural and social Administrative and service staff Teaching and research staff

12 de decembro ás 12:00h no Pavillón de Estudantes do Campus de Elviña

A Área de Cultura da Universidade da Coruña (UDC) convídavos á exposición #emblemasXXI, que se inaugura o 12 de decembro no Pavillón de Estudantes do Campus de Elviña ás 12:00h.

A mostra forma parte da fase de difusión do proxecto cultural co mesmo nome subvencionado polo Grupo Xerminal con orzamento do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) do Concello da Coruña.

Dirixido por Sandra Peñasco González abriu as portas a persoas novas da cidade do eido da palabra escrita e da creación de imaxes co fin de darlles a coñecer unha forma de expresión en parte esquecida, a Emblemática, xunto coa oportunidade de crecer artisticamente e poñerse en contacto con xente de intereses similares.   

Á exposición súmanse as obras de dous tipos de colaboracións: por unha banda, a correspondente á sección Emblemas en familia, na que participan unha nena e un neno do CEIP Karbo xunto coas súas nais e, por outra, a de tres colaboradoras profesionais convidadas: a escritora e debuxante Alicia Louzao, a premiada escritora de Literatura infantil e xuvenil Andrea Maceiras Lafuente e a recoñecida oleira Fani Sánchez Barreiro. 

En canto ao groso das obras, están feitas por escritoras, escritores e artistas provenientes da Escola de Arte e Deseño Superior Pablo Picasso, das facultades de Ciencias da Educación e Filoloxía, da facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e da facultade de Arquitectura da Universitat Politècnica de Catalunya. Todos eles adaptaron os contidos e as formas emblemáticas ao panorama actual da imaxe e da palabra ofrecendo resultados moi variados que van dende a tradicional ilustración e o dourado até a experimentación coa luz ou a impresión en tecidos.

 

logo ConcelloCorunaProximaLogo Deputación

 Cartaz da inauguración

Published by: Cultura