A Área de Cultura da Universidade da Coruña continúa no mes de xuño co ciclo de cine: Conversas coa dirección, un proxecto con cita mensual dedicado á sétima arte e que nace co fin de achegar o público á obra fílmica dos/as realizadores/as de cine e documentais convidados/as, ofrecendo a posibilidade de conversar con eles/as tras a visualización da súa curtametraxe.
Nesta segunda quenda visitaranos Elena Duque, responsable de diversas publicacións do Festival de Cine de Sevilla e asesora do programa especial de animación que se leva a cabo desde 2013. Tamén é a programadora do departamento editorial de (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña, e conta cunha ampla traxectoria en curtametraxes de animación e experimentais.
Cómo hacer un fanzine (2010, 2 min.)
La mar salada (2014, 3 min.)
De cara a la galería (2014, 4 min.)
Ñam (2014, 2 min)
Postales (2016, 3 min.)
Pla y Cancela (2017, 3 min.)
El texu de Bermiego – Montañas (2013)
I’m Not You Will – Los jaguares de la Bahía (2017)
Mountain Fires – The Mining and co. (2017)
Let’s Make Brownies (2015)
Wadaka (2016)
Cabecera (S8) Mostra de Cinema Periférico 2015
Cabecera Filmadrid 2016
Cabecera Semana del Audiovisual Contemporáneo de Oviedo 2018
Published by: Cultura