Convocatoria de tres cursos de formación en lingua galega para o persoal docente e investigador da Universidade da Coruña.
Cursos de carácter voluntario que se desenvolverán en liña a través do Campus Virtual da UDC.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de setembro. O número máximo de prazas dispoñibles é de 120 (40 por curso).
A orde de recepción das solicitudes aplicarase como criterio de selección no caso de que haxa máis solicitudes que prazas.
Os cursos, cunha duración de 30 horas, comezarán o 2 de outubro e desenvolveranse ao longo de nove semanas, até o 3 de decembro.
Texto íntegro da convocatoria e contidos dos cursos
Published by: Servizo de Normalización Lingüística