Convocatoria de matrícula dos obradoiros do 2ª cuadrimestre do curso 2020/2021

2/12/21 9:00 AM
  • Workshop

Matrícula aberta desde o 12 de febreiro

 
Oferta de obradoiros:
Como no cuadrimestre anterior, os obradoiros constarán de 15 horas de duración e só se impartirán de xeito presencial os relacionados con teatro, danza e performance-poesía-corpo. O resto dos cursos serán realizados a través do Campus Virtual e de Microsoft Teams. Podes matricularte nos seguintes obradoiros:
 
Obradoiros presenciais:
Obradoiros en liña:
 
Información sobre a matrícula:
 
O prazo de matrícula rematará o 2 de marzo de 2021. A matrícula farase en liña.
 
As persoas que sexan novas usuarias terán que facer o proceso de rexistro, para o que terán que premer en "comunidade universitaria", para os membros dos diferentes colectivos da UDC, ou en “persoas externas”, para o público xeral. O colectivo "persoas externas" deberá introducir os seus datos se ten unha conta xa creada. De non tela, é preciso premer en "crear unha nova conta" e encher o formulario que aparecerá, finalizando o proceso de rexistro premendo en "rexistrar". Logo do proceso de rexistro, recibirán no seu enderezo electrónico os datos necesarios para se matricularen.
 
A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender algún curso se a ocupación mínima non chegar a catro persoas.
 
O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos, segundo establece a normativa de aplicación (Resolución reitoral do 23/12/2020)
 
Importante:
Os prezos nos colectivos de persoas desempregadas ou con discapacidade, así como para o público xeral, inclúen seguro de accidentes.
 
As persoas desempregadas ou que tiveren acreditada discapacidade igual ou superior ao 33% deberán enviar ao correo electrónico normal@udc.es (ou no seu caso ao correo cultura.ferrol@udc.es) previamente á súa matriculación, a documentación que acredite a súa situación. Unha vez recibida e validada daránselles as instrucións necesarias para formalizar a matrícula.
 
Para resolver calquera incidencia, deberase comunicar a mesma ao correo normal@udc.gal ou a través dos teléfonos 881014502 ou 881014518 en quenda de mañá ou no 881014511 en quenda de tarde, e no correo cultura.ferrol@udc.gal ou a través do tlf. 881013697, no caso dos obradoiros impartidos en Ferrol. De ser precisa atención presencial, deberase solicitar cita previa comunicándoo ao enderezo electrónico ou teléfonos indicados anteriormente.
 
Logo Deputación

Published by: Cultura