Ante a próxima publicación da nova convocatoria de Erasmus+ Prácticas (SMT), quixéramos convocarte ás charlas informativas que organizamos desde a Oficina de Relacións Internacionais. Nestas charlas informaremos sobre modalidades e requisitos da convocatoria; empresas e institución elixibles; duración e recoñecemento; solicitude; prazos e coantías económicas.
Data, horario e lugar de celebración
Data: venres, 23 de febrero
Lugar e hora de celebración:
Campus da Coruña: Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa (2º andar), ás 10:00 h.
Campus de Ferrol: Aula 1.3 do Edificio de Apoio ao Estudo, ás 12:00 h.
---
O PROGRAMA ERASMUS+ PRÁCTICAS (SMT)
Qué é o programa Erasmus+ Prácticas (SMT)?: Trátase dun programa dirixido a estudantes e recen titulados que ten por finalidade a adquisición de experiencia laboral e de aptitudes específicas para a participación no mercado laboral europeo.
A quén vai dirixido?: Estudantes que realizan as prácticas da súa titulación (obrigatorias ou voluntarias) e recen titulados.
En qué países podería facer ás prácticas?: 26 estados membros da UE; Islandia; Liechtenstein; Noruega; Turquía; Macedonia e Serbia.
Qué empresas e institucións son elixibles?: Empresas públicas/privadas; organismos públicos; institutos de investigación; embaixadas/consulados; centro escolar/instituto/centro educativo; ONGs; institución de educación superior; entre outras.
Este tipo de mobilidade, ten axuda económica?: Sí, e en coantías superiores ao Erasmus+ con fins de estudo.
Cal é o prazo para solicitar a mobilidade?: Ata o 15 de maio de 2025
Published by: Oficina de Relacións Internacionais