Acto de peche da terceira edición do proxecto Talentos Inclusivos 2022-2023

Press release

6/15/23 12:54 PM

  • Institutional

CONVOCATORIA DE MEDIOS

 

ACTO: Clausura III edición proxecto TALENTOS INCLUSIVOS

HORARIO: venres 16 de xuño, de 11:00 a 13:30h.

LUGAR: Planta baixa da Domus- Museos Científicos Coruñeses

 

A terceira edición do programa Talentos Inclusivos celebra o seu acto de clausura cunha feira científica na que se exporán os proxectos desenvolvidos polos 10 centros educativos participantes, da provincia da Coruña e, por primeira vez, de Ourense.

Entre os proxectos desenvolvidos poderanse ver exemplos de retos como videoxogos clásicos para utilizar en terapias de rehabilitación, bingos adaptados, mesas sensoriais ou diferentes adaptacións de boquillas para pintar ou 3D de premedores dos cabezais das cadeiras de rodas.

Durante a celebración da feira terá lugar ademais unha xincana por equipos que consistirá en responder unha pregunta sobre cada expositor. Entre os equipos con máis respostas correctas realizarase un sorteo. O gañador do sorteo recibirá como premio unha impresora 3D.

Sobre Talentos Inclusivos

Trátase dun proxecto colaborativo posto en marcha polo CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da Universidade da Coruña e ASPACE Coruña (Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral), co apoio do Consello Social da Universidade da Coruña, o Concello da Coruña, a FECYT (Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e a Xunta de Galicia. O proxecto ten o dobre obxectivo de fomentar as vocacións TIC entre estudantes de secundaria e bacharelato e, á súa vez, dar visibilidade á discapacidade. Para iso, creáronse grupos de traballo colaborativos formados por usuarios e usuarias de ASPACE Coruña e estudantes de centros educativos da Coruña, apoiados polo seu profesorado e persoal investigador do CITIC. Así, os usuarios e usuarias de ASPACE Coruña propoñen diferentes retos tecnolóxicos para ser solucionados por parte do alumnado.

  

PROGRAMA

 

11:00 – 11:15 h

Benvida e saúdo aos medios no vestíbulo do Museo Domus a cargo de:

  • Manuel F. González Penedo, director do CITIC
  • Carmen Barreiro Santos, presidenta de ASPACE Coruña
  • Jesús A. Spósito Prado, secretario do Consello Social da UDC
  • Judith Fernández Novoa, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia
  • Mª Jesús Movilla Fernández, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da UDC
  • Representante da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia
  • Representante do Concello da Coruña

 

11:15 – 12-.15 h.- Visita guiada polos expositores (10) dos centros educativos participantes no proxecto

Entrega de diplomas e recoñecementos por parte das autoridades

 

12:15 – 13:30 h.- Visita libre pola exposición dos proxectos e sorteo do premio ao equipo gañador da xincana

 

 

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC