Ábrese a convocatoria de préstamo de bicicletas da UDC para o Curso 2025/2026. Prazo de solicitude: do 10 ao 20 de setembro

9/5/25 11:16 AM

  • Environment

O obxectivo do programa de préstamo de bicicletas na universidade é o de promover a mobilidade sustentable, facilitando o acceso a unha bicicleta a aquelas persoas interesadas en facer uso da mesma para desprazarse aos centros universitarios.

O uso da bicicleta como medio de transporte reduce a conxestión do tráfico, mellora a calidade ambiental nas cidades, contribúe a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, e mellora a saúde das persoas que fan uso delas.

A UDC conta con cinco modelos de bicicletas dispoñibles, que se distribúen en bicicletas convencionais, pregables e eléctricas: CARACTERÍSTICAS DAS BICICLETAS DA UDC.

Todas aquelas persoas interesadas en dispor dunha bicicleta da UDC en préstamo para o curso 2025/2026 deberán realizar o pagamento entre o 10 e 20 de setembro de 2025 a través da plataforma de pago UDC XEST.

Taxas: (a) Bicicletas convencionais: 10€ para alumnado, 20€ persoal PTXAS, PDI, PEC; (b) Bicicletas pregables: 20€ para alumnado, 40€ persoal PTXAS, PDI, PEC; (c) Bicicletas eléctricas: 50€ alumnado, 90€ persoal PTXAS, PDI, PEC.

O parque de bicicletas da UDC conta cunhas 100 unidades en total, que se reparten para os campus da Coruña e Ferrol. A adxudicación de bicicleta faise por orde de pagamento. Unha vez esgotado o nº dispoñible, non será posíbel rexistrar máis pagamentos e a persoa poderá anotarse en lista de agarda.

Todas as consultas sobre a convocatoria poderán facerse a través de bicis@udc.gal.

A continuación recoméndase a lectura en detalle do documento da convocatoria coas condicións do préstamo:

 CONVOCATORIA DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS UDC, CURSO 2025-2026

Published by: Oficina de Sustentabilidade