A vicerreitora de Internacionalización e Cooperación da UDC, Pilar García de la Torre, participa na reunión do consorcio universitario EMERGE en Chipre

Press release

4/28/23 2:38 PM

  • Institutional

A Coruña, 28 de abril de 2023.- A vicerreitora de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña, Pilar García de la Torre, participa ao longo desta semana na reunión de traballo do consorcio universitario europeo EMERGE, do que a UDC forma parte, na Universidade de Neapolis en Pafos (Chipre).

Xunto coa vicerreitora asisten á xuntanza a directora do Campus Industrial, Ana Ares,  a Adxunta de Proxección Internacional e Política Lingüística da Vicerreitoría, Begoña Crespo, e o alumno da Facultade de Ciencias da UDC, Nicolás Iglesias Cabrejas.

O consocio EMERGE está formado por Université de Rennes2 (Francia), Université de Bretagne Sud (Francia), University of Limerick (Irlanda), Democritus University of Thrace (Grecia), Europa-Universität Flensburg (Alemaña), Innland Norway University of Applied Sciences (Noruega), Univerzita Mateja Bela (Eslovaquia), Neapolis University Pafos (Chipre) e a Universidade da Coruña, todas elas situadas en rexións periféricas de Europa; unhas universidades que contan conxuntamente con máis de 110.000 estudantes.

Esta alianza universitaria presentou o pasado mes de xaneiro, no marco do programa Erasmus+, unha proposta para consolidarse como Universidade Europea. Dentro dos paquetes de traballo da proposta, a UDC colidera os relativos a investigación, innovación e transferencia e o relativo a linguas e culturas. O consorcio ten como obxectivo poñer en marcha proxectos bilaterais e multilaterais, así como concorrer conxuntamente a convocatorias de financiamento europeas para fortalecer as universidades integrantes.

Foto: Desde a esquerda, Nicolás Iglesias Cabrejas, alumno de Ciencias da UDC; Ana Ares, directora do Campus Industrial; Pilar García de la Torre, vicerreitora de Internacionalización e Cooperación; e Begoña Crespo, Adxunta de Proxección Internacional e Política Lingüística.

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC