A doutora pola UDC Beatriz Salvador gaña un premio do Journal of Computational Finance no congreso internacional da área

Press release
7/18/19 12:38 PM
  • Institutional

A Coruña, 18 de xullo de 2019.- O artigo presentado por Beatriz Salvador gañou o premio da revista Journal of Computational Finance ao mellor traballo presentado por un investigador novo, no terceiro congreso internacional de finanzas computacionais ICCF2019. O editor en xefe da revista e profesor da Universidade de Oxford, Christoph Reisinger, indicou que “foi un premio moi competido, pois se presentaron 19 investigadores novos con excelentes traballos”. Por isto, o premio foi finalmente compartido con Anastasia Borovnik, do CWI de Amsterdam.

O artigo premiado propón novos modelos de cálculo de XVA en risco de contrapartida, ademais analízaos matematicamente e resólveos numericamente para opcións americanas. Os grandes bancos teñen equipos de quants dedicados ao XVA e tres conferenciantes plenarios expertos no tema participaron no ICCF2019, polo que o tema é de grande actualidade.

Tras defender a súa tese de doutoramento en decembro de 2018, dirixida polos profesores Íñigo Arregui e Carlos Vázquez do grupo M2NICA do departamento de Matemáticas da UDC, Beatriz Salvador gañou un contrato posdoutoral ERCIM e está realizando unha estadía no CWI de Holanda. Durante a súa etapa de doutoramento Salvador pertenceu ao CITIC e ao grupo de investigación M2NICA.

 

Foto: Beatriz Salvador, á dereita da imaxe

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC