A Universidade da Coruña, presente no primeiro encontro do proxecto CI-RES para a integración das persoas refuxiadas na educación superior

Press release
2/17/20 2:41 PM
  • Institutional

A Coruña, 17 de febreiro de 2020.- Sètif, Arxelia, acolleu a pasada semana o primeiro encontro do proxecto europeo CI-RES, sobre a creación das capacidades institucionais para a integración das persoas Refuxiadas na Educación Superior.

En representación da Universidade da Coruña, asistiron a este encontro o profesor Juan Ferreiro da Facultade de Dereito e o director da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, Jesús Cendán.

Neste proxecto, coordinado pola Universidade de Sètif, participan catro universidades arxelinas, a Universidade de París 1 Pantheon Sorbona, a Universidade de Bergamo (Italia), a rede de universidades do Mediterráneo (UNIMED) e as universidades da Coruña e La Rioja.

O obxectivo principal do proxecto Ci-RES é propoñer accións institucionais para integrar ás persoas en situación de refuxio na educación superior. O fin é garantir a integración efectiva das persoas en situación de refuxio, así como o desenvolvemento de mecanismos normativos e institucionais que regulen a súa incorporación na educación superior.

Este proxecto forma parte dun obxectivo máis amplo da Unión Europea de apoiar a modernización, a accesibilidade e a internacionalización no eido da educación superior nos países socios.



 

 

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC