A Universidade da Coruña aproba o nomeamento como Doutor Honoris Causa do catedrático da London School of Economics John Worrall

Press release
2/13/20 2:19 PM
  • Institutional

A Coruña, 13 de febreiro de 2020.- A Universidade da Coruña vén de aprobar o nomeamento como Doutor Honoris Causa do catedrático da London School of Economics John Worrall, do departamento de Filosofía, Lóxica e Método Científico, que tivo entre os seus membros a filósofos da Ciencia tan relevantes como Karl Popper e Imre Lakatos, que foron profesores de Worrall.

O líder da corrente filosófica do “realismo estrututal” é un autor moi influente en Filosofía da Medicina, foi presidente da Sociedade británica da Filosofía da Ciencia e editor do British Journal for Philosophy of Science, a revista máis prestixiosa de Filosofía da Ciencia a nivel internacional.  Worrell integrarase na listaxe de Honra da UDC o vindeiro 11 de marzo no Campus de Ferrol co número 28, logo de que en setembro do pasado ano fose investida Honoris Causa a enfermeira Denise Gastaldo.

Ao día seguinte do seu nomeamento, John Worrell abrirá a XXV edición das Xornadas sobre Filosofía da Ciencia, organizadas polo Centro de Investigación de Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía da Universidade da Coruña co apoio da Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia de España.

 As xornadas, que terán lugar os días 12 e 13 de marzo no Campus de Ferrol, farán da Universidade da Coruña a capital internacional da Filosofía da Ciencia polo máximo nivel dos conferenciantes que asistirán para celebrar o 25 aniversario deste congreso internacional da máis alta calidade académica. “A Filosofía da Ciencia hoxe: sete perspectivas” é o tema de traballo destas xornadas pola relevancia das intervencións e a variedade temática dos conferenciantes. Ademais de John Worral, estarán Philip Kitcher, Columbia University, Donald Gillies, University College London, Thomas Nickles, University of Nevada at Reno, Maria Carla Galavotti, University of Bologna, Theo Kuipers, University of Groningen e Roman Frigg, London School of Economics. Convén resaltar, explica o organizador das xornadas o profesor Wenceslao J. González, que “John Worral abriu toda unha rama de investigación dentro da profesión co realismo estrutural e Philip Kitcher é un pensador clave para entender as relacións entre a ciencia e a sociedade”.

Programa:

Xoves, 12 de marzo

9:45 Inauguración das Xornadas.

10:00 John Worrall (London School of Economics): “A Filosofía da Ciencia volve (de novo) sobre a Medicina: Unha clara visión das virtudes de [pruebas] a cegas (blinding) e dos tests para realizar ensaios clínicos a cegas (tests for blinding in clinical trials)”.

12:00 Donald Gillies (University College London) e Marco Gillies (Goldsmiths, Universidad de Londres): "Intelixencia Artificial e Filosofía da Ciencia desde os anos 90 ata o 2020".

17:00 Joe Roussos (Institute for Futures Studies, Estocolmo), Richard Bradley (London School of Economics), e Roman Frigg, (London School of Economics). “Toma de decisións ambientais baixo incertidume”.

19:00 Mesa redonda: “Tendencias actuais en Filosofía da Ciencia e prospectiva para o futuro próximo”, John Worrall, Philip Kitcher, Donald Gillies, Thomas Nickles, Maria Carla Galavotti, Theo Kuipers e Roman Frigg.

Venres, 13 de marzo

10:00 Maria Carla Galavotti (Universidade de Bolonia): “Do Empirismo lóxico ao probabilístico”.

12:00 Thomas Nickles (Universidade de Nevada en Reno): “Que pasou coa lóxica do descobremento? Da lóxica transparente ao razonamento alieníxena (alien reasoning)”.

17:00 Theo Kuipers (Universidade de Groningen): “A lóxica do progreso cualitativo na investigación nómica, de deseño e explicativa”.

19:00 Philip Kitcher (Columbia University, Nueva York): “O progreso científico e a búsqueda da verdade”.

20:45 Sesión de clausura. Entrega de Diplomas.

Máis información e matrícula: cifcyt.es

Estas Xornadas ofrécense dentro do marco do Doutoramento interuniversitario de Lóxica e Filosofía da Ciencia. Pero é tamén un curso aberto a todo o público interesado na Filosofía e Metodoloxía actual da Ciencia. A súa orientación reviste especial interese para os participantes en mestrados oficiais, para a formación académica e investigadora.

 

 

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC