A Universidade da Coruña abre o prazo de inscrición para os cursos de verán

Press release

5/21/24 1:11 PM

  • Institutional
  • O programa concentra 9 accións formativas nos Campus da Coruña e Ferrol, que terán lugar nos meses de xuño e xullo.

A Coruña, 21 de maio de 2024.- A Universidade da Coruña acaba de abrir o prazo de matrícula para os cursos de verán 2024. A oferta formativa levarase a cabo nos meses de xuño e xullo nos Campus da Coruña e Ferrol.

 

A matrícula para cada un deles ten un custo de 50 euros para o público xeral e de 30 euros para membros da comunidade universitaria da UDC, alumnado doutras universidades, persoas desempregadas e pensionistas. Ademais, a Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte ofrece catro bolsas por curso consistentes na obtención da matrícula gratuíta para o estudantado da UDC con credenciais de bolseiros/as no presente curso académico, concedendo un máximo dunha bolsa por estudante.

 

A oferta formativa é a seguinte:

 

Campus da Coruña

Xuño:

  • Os desafíos da transición enerxética dende as perspectivas climática, política, tecnolóxica, xeoestratéxica, profesional e empresarial. Do 25 ao 28 de xuño.

Xullo

  • V Curso de verán sobre tartarugas e mamíferos mariños en Galicia. 1 e 2 de xullo.
  • Transformación no turismo: oportunidades, retos e casos de éxito na xestión turística intelixente. 2 e 3 de xullo.
  • A acción da Unión Europea na transición ecolóxica e dixital dos mares e océanos. Do 8 até o 12 de xullo.
  • Introdución ao mindfulness. Do 9 ao 12 de xullo.
  • XVII Curso de verán sobre dinamización lingüística. Traballando en lingua nas redes sociais. 16 e 17 de xullo.
  • Novas ferramentas e tecnoloxías para o redeseño da paisaxe nocturna como axente de transformación urbana. 23 e 24 de xullo.

 

Campus de Ferrol

  • Modelado 3D con Siemens NX

            5, 6 e 7 de xuño. Módulo 1. Obradoiro nivel básico.

            10, 11 e 12 de xuño. Módulo 2. Obradoiro nivel Intermedio.

  • Iniciación ao modelado BIM de instalacións en edificación con REVIT+CYPE.

            17, 18 e 19 de xullo. Módulo 1. Modelado con REVIT arquitectura.

            22, 23 e 24 de xullo. Módulo 2. Modelado de instalacións con CYPE (fluxo de traballo OpenBIM).

 

Todos os cursos son de carácter presencial e contan con límite de prazas en función do aforo do espazo no que se levarán a cabo.

 

Máis información aquí.

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC