A Coruña, 6 de outubro de 2025.- Un total de 488 estudantes estranxeiros farán unha mobilidade entrante na Universidade da Coruña neste curso académico 2025/26, cifra que se verá incrementada no segundo cuadrimestre, cando chegue o alumnado que realice o seu intercambio na segunda parte do curso escolar.
A UDC celebrou recentemente un acto de benvida aos máis de 400 alumnos e alumnas estranxeiros procedentes, na súa maioría, de Italia, México, Alemaña, Francia e Polonia, os cales que se incorporaron como estudantes de intercambio neste primeiro cuadrimestre.
Por áreas de coñecemento, destaca o estudantado de Ciencias Xurídicas e Sociais, o cal supón un 40,9% do total, seguido da Enxeñaría e Arquitectura, que supera o 30% (32,8%). Xa moi por debaixo, estarían as Artes e Humanidades cun 13,6%, as Ciencias da Saúde cun 6,6% e as Ciencias, cun 6%.
No que respecta á mobilidade nacional, un total de 57 estudantes viñeron á UDC procedentes doutras universidades españolas.
Published by: Gabinete de Comunicación da UDC