A Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña acolle unha nova conferencia do Ciclo Nutriciona-UDC Saudable

Press release

2/1/24 11:50 AM

  • Institutional

 A Coruña, 1 de febreiro de 2024.- A Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña acollerá mañá, día 2 de febreiro, ás 12:00 horas no Salón de Actos do centro, unha nova conferencia do Ciclo Nutriciona-UDC Saudable, baixo o título “Os diferentes tipos de fame e saciedade”.

O charla, que está organizada pola profesora do Departamento de Física e Ciencias da Terra da UDC Luisa Santos Fidalgo e UDC Saudable, será impartida por Emma Enríquez Merayo, dietista-nutricionista e farmacéutica, e poderá seguirse tamén vía Teams.

A experta reflexionará sobre os diferentes tipos de fame, o apetito e a saciedade, así como sobre a  importancia de comer conscientemente e dos factores que interveñen na regulación das inxestas que realizamos ao longo do día.

O Ciclo Nutriciona-UDC do presente curso académico 2023-2024 deu comezo o pasado mes de outubro, e ofrece diversos relatorios relacionados coa alimentación e a saúde. Son de carácter gratuíto e pódense seguir por parte de toda a comunidade UDC en formato presencial ou por vía telemática a través da plataforma Teams.

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC