Dende 2021, a OMS celebra o Día Mundial das Enfermidades Tropicais Desatendidas (ou ETD) cada 30 de xaneiro. As ETD son 20 enfermidades causadas por diferentes axentes patóxenos cuxa transmisión está ligada a factores medio-ambientais. Chámanse desatendidas porque teñen pouca presenza nos programas de saúde mundial, non reciben o financiamento adecuado e son enfermidades estigmatizadas. Aínda que as ETD non nos afecten directamente, a OMS considera que enfrontalas é unha responsabilidade colectiva. Dende o noso contexto, podemos actuar a través da concienciación, a investigación, e a educación ambiental. Non debemos esquecer que as situacións afastadas á nosa realidade tamén poden ter repercusións globais.
Autora: María José Rojas Cabrera, bolseira UDC Saudable 2023-2024, estudante de Filoloxía Inglesa.
Published by: UDC Saudable