👉 REUNIÓN Prácticas Externas: seguimento, informes parciais e realización da memoria final

1/23/26 1:05 PM

O vindeiro xoves 29 de xaneiro ás 12.30 horas, vía TEAMS, impartiremos unha charla informativa sobre o procedemento de avaliación da materia "Prácticas Externas" do último curso.

Trataremos temas como a dinámica de entrega de informes parciais, seguimento de prácticas e titorías, avaliación continua e puntos importantes para a confección e redacción da memoria final.

Debedes ter en conta que a entrega de informes máis a memoria de prácticas supoñen o 40% da cualificación da materia, polo que consideramos moi importante vosa presenza na sesión informativa. 

LIGAZÓN: Prácticas Externas: Seguimento; Informes parciais e Como facer unha boa memoria final | Reunión-Unirse | Microsoft Teams

Published by: Facultade de Turismo