Aprobada pola resolución do 29 de decembro de 2005 do Consello da Xunta de Galicia sobre a revisión da contía da indemnización por uso de vehículo particular e a das axudas de custo en territorio nacional, establecidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo.
Compre a modificación das instrucións para a tramitación do pagamento por razón do servizo aprobada por Resolución Reitoral do 16 de xullo de 2002.
En consecuencia
RESOLVO:
Aprobar a modificación das instrucións para a tramitación do pagamento por razón do servizo e actualizar a contía da indemnización por uso de vehículo particular en comisión de servizo e a das axudas de custo en territorio nacional, e asumir as previsións respectivamente, no artigo 14, punto seis, e no anexo II do devandito decreto, quedando fixadas como segue:
Uso de vehículo particular, 0,19 euros por quilómetro percorrido.
Axudas de custo en territorio nacional (euros):
Por grupos | Por aloxamento | Por manutención | Axuda de custo enteira |
---|---|---|---|
1º | 102.56 | 53.34 | 155.90 |
2º | 65.97 | 37.40 | 103.37 |
3º | 48.92 | 28.21 | 77.13 |
4º | 48.92 | 28.21 | 77.13 |
As ditas modificacións aplicaranse con efectos do día primeiro de xaneiro de 2006.
A Coruña, 16 de xaneiro de 2005
O reitor
Asdo.: José María Barja Pérez