Library

A Biblioteca atópase na planta baixa do Edificio Malvinas, anexo á Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas. O acceso faise dende o patio.

A Biblioteca ofrece servizos de apoio á actividade docente e investigadora da Escola e para elo dispón dunha colección bibliográfica accesible na súa maior parte en libre acceso.

A Biblioteca da UDC ofrece acceso a bases de datos de especial interese para as nosas titulacións: multidisciplinares (AENORmás normas UNE, etc.) e especializadas en Enxeñaría (IEEE Xplore, Engineering Source, etc.) ou Química (Analitical Abstracts, CSD, etc.).

Esta Biblioteca conta con publicacións da Organización Marítima Internacional (OMI/IMO), convenios como MARPOL, SOLAS, os cursos modelo, etc., e monografías técnicas do Admiralty  ou de The Nautical Institute (Reino Unido). Dispón de publicacións do Ministerio de Defensa como o Almanaque náutico ou o Anuario de mareas. Conta tamén con cartas náuticas, a súa maioría de consulta en sala, que se poden localizar no catálogo en liña (as súas signaturas topográficas comezan por MAPA/528).

Library SNSME

School of Nautical Science and Marine Engineering - University of A Coruña

Library website