A Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da UDC acolle a xornada técnica ‘O futuro das profesións superiores marítimas’.
Nun contexto global marcado pola transformación dixital, a transición enerxética e a necesidade de avanzar cara a un transporte marítimo máis sostible, as profesións marítimas enfróntanse a importantes desafíos e oportunidades.
O Colexio de Oficiais da Mariña Mercante Española (COMME) organiza unha xornada técnica, baixo o título ‘O futuro das profesións superiores marítimas’, no Salón de Actos da ETSNM da Universidade da Coruña, o vindeiro martes 29 de abril, de 11:30 h. a 14:00 h., co fin de analizar a situación actual e debater sobre o futuro do sector marítimo, abordando aspectos clave para garantir o seu desenvolvemento sostible.
O encontro contará coa participación do secretario xeral de Transporte Aéreo e Marítimo, Benito Núñez, ademais do presidente do COMME, Germán de Melo; o director de Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR), José Luis García; o xefe de Área Formación Marítima Dirección Xeral da Mariña Mercante (DGMM), Francisco J. Benítez, e un cargo de Balearia.
No caso de non poder asistir ao evento presencialmente, tamén será retransmitido en directo vía streaming a través desta ligazón.
Entrada libre ata completar a capacidade.
PROGRAMA
11:30 h.- Benvida
Manuel Romero, director da ETS de Náutica e Máquinas
Germán de Melo, presidente do COMME
11:40 h.- Intervención
Benito Núñez, secretario xeral de Transporte Aéreo e Marítimo
12:00 h.- Pausa-café
Mesa redonda. Interveñen:
12:20 h.- Titulacións náuticas universitarias
Manuel Romero, director ETS de Náutica e Maquinas da UDC
12:35 h.- O estado actual da Mariña Mercante Española
Cristina González Cuetara, Balearia
12:50 h.- Cambios na formación marítima e propostas para contrarrestar a falta de capital humano na economía azul
Francisco J. Benítez, xefe de Área Formación Marítima DGMM
13:05 h.- Profesionais, Innovación e Tecnoloxías en SASEMAR. Preparando o futuro de Salvamento Marítimo
José Luis García, director SASEMAR
13:20 h.- O futuro das profesións superiores marítimas
Germán de Melo, presidente do COMME
13:35 h.- Coloquio
Modera: Santiago Ciriza, asesor Xurídico do COMME