Divulga os estudos do Grao en Máquinas Navais e do Grao en Náutica e Transporte Marítimo entre os teus coñecidos en busca futuros oficiais, xefes e capitáns para a “túa flota”.
Aquel ou aquela estudante da UDC que máis futuros/as estudantes “capte” e/ou visite maior número de centros formativos poderá gañar un premio de 200€, 150€ ou 100€.
Consegue ser o/a embaixador/a máis grande e gaña!!
A presente convocatoria ten por obxecto recoñecer o labor de captación e divulgación dos/as estudantes da UDC pola súa iniciativa individual, que de forma autónoma e proactiva, realicen accións para divulgar en centros formativos as titulacións do Grao en Máquinas Navais (GMN) e o Grao en Náutica e Transporte Marítimo (GNTM) e/ou captar a futuros/as estudantes para a ETSNM.
As persoas que queiran participar deberán acceder ao formulario que será publicado na páxina web da ETSNM e completar os datos segundo a acción que vaia facer.
As persoas gañadoras serán as que maior número de estudantes capte para as titulacións de grao impartidas na ETSNM (tras comprobación de matrículas efectivas no curso 2025/2026), e máis visitas faga a centros formativos (tras comprobación de evidencias unha vez feita a mesma).
No caso que haxa empate entre as persoas participantes, para decidir os premios, teranse en conta os seguintes criterios de desempate:
Esta actividade estará aberta ata que se publique a última lista de prescrición de matrícula para o acceso á Universidade. Os premios entregaranse unha vez rematados todos prazos de matrícula, outubro 2025.
A ETSNM notificará ás persoas gañadoras a resolución do premio a través dos medios de contacto facilitados ao darse de alta no formulario web.
Os premios concederanse entre os participantes que, durante o curso 2024/2025, capten o maior número de futuros estudantes e visiten máis centros para divulgar os estudos da ETSNM, e serán financiados con cargo á partida orzamentaria XXXX.XXXX.XXX.XX. Os premios están suxeitos ás retencións que legalmente correspondan. A convocatoria e toda a información e fases difundiranse, entre outros medios, na páxina web da ETSNM.
A comisión avaliadora estará constituída polos seguintes membros:
A participación nesta acción supón a aceptación das presentes bases na súa totalidade. En consecuencia, calquera manifestación de non aceptación implica a exclusión da persoa participante.