01/06/2024
K2c arquitectas somos Carmen Rey e Karme García, cunha formación en arquitectura, ademais de facer proxectos e dirixir obras, préstanos organizar actividades culturais como visitas guiadas de arquitectura contemporánea, ciclos de cine, concursos de cortos, sendo tamén consumidoras de todo tipo de actividades sociais e culturais.
Cando asistimos a actividades do campo da arquitectura, preguntámonos continuamente: onde están as arquitectAs?. Hai poucos estudios formados soamente por mulleres e moitos estudos mixtos, que á hora de expoñer o seu traballo son eles os que se poñen cara ó público.
E así anos e anos, facéndonos a mesma pregunta, porque sabemos que hai moitas arquitectas, e que como nos, non soamente “se dedican ós proxectos”, senón que súa creatividade, espírito e formación levoullas por outras rutas. Con esta inquietude, no ano 2023, con motivo da celebración do 8M, Día Internacional de Muller, propuxémoslle á Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) a organización dun coloquio aberto no que invitamos a todas esas mulleres, de Compostela e arredores, que, fagamos o que fagamos, nos consideramos arquitectas, ao que nomeamos somos arquitectAs.
Tomando como punto de partida as vivencias dalgunhas compañeiras, queríamos falar da formación recibida, a incorporación ó mundo laboral, a conciliación e o futuro profesional, desde a nosa perspectiva vital como mulleres, dando voz a distintas xeracións, con distintos perfiles profesionais, analizando as metas alcanzadas e cales eran as expectativas.
A experiencia foi incrible, as verbas fluíron e desde o primeiro momento mesturáronse os relatos de cada unha de nos, poñendo de manifesto, que tanto o vivido nas escolas de arquitectura como a formación recibida marcaron as nosas vidas persoais e laborais.
Dando continuidade a ese encontro a delegación de Santiago, consciente do cambio social que se está producindo, propúxonos, dentro dos actos de celebración dos cincuenta años do COAG, unha actividade na que visualizar a evolución do papel social e profesional das arquitectas. Xurde así EXPERIENCIAS, unha serie audiovisual monográfica na que, a través dun exercicio colectivo, reflexionamos sobre algúns dos temas que nos ocupan e preocupan no día a día, sintetizados en catro episodios que titulamos: Formándonos, Faenando, Deseñando con criterios de xénero e Pensando o futuro. Nela falamos con compañeiras de distintas xeracións sobre o seu período de formación e a transcendencia que ten nas súas traxectorias, tanto a nivel persoal como laboral e na forma de enfrontarse ós retos sociais e laborais; sobre o acceso ao mundo laboral e as súas carreiras profesionais; sobre como crear espazos desde un enfoque inclusivo e diverso, que permita innovar, transformar e mellorar a sociedade e como afrontar os retos que aínda nos quedan por realizar.
E agora xa non podemos parar, no 2024, de novo con motivo do 8M, propuxemos á Fundación Granell un espazo para a reflexión. Partindo das nosas destrezas como arquitectas queixemos poñer en común con outras disciplinas distintas facetas da creatividade, nunha nova xuntanza participativa na que a arte, a tecnoloxía e a vida cotiá se deran a man para falar sobre a inventiva, a imaxinación e a súa materialización, evidenciado a brecha de xénero entre o pensamento creativo e a creación aplicada.
Para saber un pouco mais:
Encontro somos arquitectAS. (8M 2023)
https://www.youtube.com/watch?v=rSaLYt3wOYM
https://www.youtube.com/watch?v=5294kizrLJs
EXPERIENCIAS somos arquitectAs
FORMÁNDONOS:
https://www.youtube.com/watch?v=k-RSsJWoTyQ
FAENANDO:
https://www.youtube.com/watch?v=xdBTHGDgAgY
DESEÑANDO CON CRITERIOS DE XÉNERO:
https://www.youtube.com/watch?v=jS3my3CQ6qg
IDEA ORIXINAL E CONTIDOS:
COLABORACIÓNS:
https://portal.coag.es/es/category/delegacion-santiago/
https://www.fundacion-granell.gal/