Os certificados dos cursos que realice a UDC só poden ser emitidos pola Oficina de Cursos e Congresos no papel destinado para iso, por tanto, o modelo que figura publicado só é de carácter informativo.
Para obter os certificados dos cursos deberanse cumprir os seguintes trámites:
- Comunicarlle á Oficina de Cursos e Congresos a actividade que se vai desenvolver coa antelación suficiente para a poder difundir.
- No caso de que a Comisión de Planos de Estudo concedese créditos de libre configuración, deberán ser asinados polo director/coordinador da actividade e polo vicerreitor correspondente.
- Na marxe superior dereita dos certificados figurará un número de rexistro que facilita a Oficina de Cursos e Congresos, tras presentar a seguinte documentación:
- Listaxe FINAL de asistentes
- Copia do certificado de concesión de créditos de libre configuración, se for o caso.
- Programa definitivo da actividade
Todos os certificados estarán en galego como lingua propia da Universidade da Coruña.
descargar eps / pdf / doc