Visita os Centros de Investigación

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC)

Situado no Campus da Coruña - Elviña

Centro de Investigación dotado con tecnoloxía única en Europa. Acolle grupos de investigadores que estudan aspectos da construcción, de enxeñarías hidráulicas e sanitaria, estruturas de portos e costas.

É un Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da Universidade da Coruña, creada co obxectivo de mellorar a investigación e estudo no ámbito da construción, na súa vertente de edificación e de enxeñaría civil, desde a óptica da análise experimental.

Datos de contacto:   Juan R. Rabuñal Dopico,  citeec@udc.es , 881015185/5189

Visita a súa páxina web

Visitas guiadas ao CITEEC para centros de ensino secundario e formación profesional


O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), situado no Campus de Elviña da Universidade da Coruña, ofrece visitas guiadas dirixidas a alumnado de secundaria e formación profesional co obxectivo de achegar a investigación e a enxeñaría civil á mocidade galega.

Durante a visita, o alumnado poderá coñecer de primeira man o traballo que se desenvolve en catro laboratorios singulares do centro:

  • Túnel de vento
  • Laboratorio de portos e costas
  • Laboratorio de construción
  • Laboratorio de hidráulica

Ademais, a visita inclúe o percorrido pola exposición itinerante miniCITEEC, un proxecto divulgativo que replica a escala algunhas das máquinas singulares do centro, permitindo demostracións tecnolóxicas adaptadas ao público escolar.

Esta exposición itinerante sobre a actividade investigadora do CITEEC ten presencia en ferias científicas como o veterano “Día da Ciencia na Rúa” da Cidade da Coruña, A Noite Europea das Personas Investigadoras (g-Night), e outras similares.

O programa de visitas está dispoñible durante todo o curso académico de luns a venres, en horario de mañá (09:00–14:00 h) e tarde (15:30–17:30 h), cunha duración aproximada de 90 minutos e grupos de ata 25 persoas.

Para solicitar unha visita, cómpre contactar co centro a través do correo electrónico comunicacion.citeec@udc.gal , desde onde se facilitará o formulario de solicitude e a documentación necesaria.

Esta iniciativa forma parte da estratexia de divulgación científica da UDC e busca fomentar vocacións STEM entre o alumnado galego, ofrecendo unha experiencia educativa enriquecedora e inspiradora.

Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC)

Situado no Campus da Coruña - Elviña

Centro de Investigación singular que ten como obxectivos:

  • Potenciar o avance e a excelencia na investigación, desenvolvemento e innovación nas TIC.
  • Consolidación do coñecemento científico avanzado e excelente nas Áreas Tecnolóxicas do Centro.
  • Fomentar a transferencia tecnolóxica á sociedade e ao mercado.
  • Ampliar o alcance internacional da actividade investigadora.
  • Estimular a capacidade xeradora de emprego no sector TIC.

Datos de contacto: Valentina Bouzada, comunicacion@citic-research.org , 881015524

Visita a súa páxina web

Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)

Situado no Campus de Elviña - A Coruña

A Universidade da Coruña promove este centro de investigación para acoller os grupos de investigación que traballan en proxectos relacionados coa investigación nas ciencias químicas e biolóxicas.

É nese marco de fomento da actividade investigadora en que a UDC, na procura de estreitar as relacións entre a investigación universitaria e a empresa, alberga os grupos e equipos de investigación de ámbito interdisciplinar das ciencias químicas, biolóxicas, ambientais, nos laboratorios do CICA

Datos de contacto ata fin do ano 2023: Óscar Huertas,  comunicacion.cica@udc.gal, 881015550

Datos de contacto dende principios do ano 2024: Tamara Pazos, comunicacion.cica@udc.es

Visita a súa páxina web

Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI)

Situado no Campus de Ferrol - Esteiro

O CITENI constitúese como un referente en investigación con 3 áreas de investigación especializadas: Tecnoloxías navais, Tecnoloxías industriais e Loxística/Xestión enerxética/Sostibilidade.

É un centro de servizos tecnolóxicos para o tecido industrial local e de investigación aplicada e básica, que traballa en contacto estreito co mundo universitario, capaz de xerar innovación e novos conceptos de deseño aplicados aos procesos e produtos industriais do futuro.

Datos de contacto: Paula González, comunicacion.citeni@udc.gal

Teléfono: 881013477

Visita a súa páxina web

Servizo de Apoio á Investigación (SAI)

Os Servizos de Apoio á Investigación (SAI) da Universidade da Coruña están compostos por un conxunto de laboratorios especializados capaces de prestaren apoio ao persoal investigador xa que neles se atopa unha dotación instrumental, técnica e de recursos humanos que, ben polas súas características propias ben polo ámbito da súa aplicación, superan as necesidades dun centro, departamento ou instituto universitario.

Os SAI están estruturados nas seguintes unidades de traballo: Análise Estrutural (técnicas baseadas en raios X, granulometría e adsorción física de gases); Bioloxía Molecular (secuenciación de ADN, PCR e preparación de mostra); Espectroscopia Molecular (técnicas de resolución estrutural como RMN, infravermello e espectrometría de masas); Espectrometría de Plasma-Masas (análises de elementos mediante técnicas de emisión atómica ICP/MS); Microscopía (técnicas de microscopía electrónica e confocal); Técnicas Cromatográficas e Análises de Augas (análise de compostos orgánicos mediantes técnicas híbridas de cromatografía e espectrometría de masas, análise de diversos parámetros en augas); Técnicas Instrumentais de Análise (análisis elemental para composición molecular e análise de isótopos estables); Xeocronoloxía (aplicación da luminiscencia para a datación de materiais).

Datos de contacto: Magali Méndez, ucla.sai@udc.es , 881012076

Visita a súa páxina web