Este Programa Académico de Simultaneidade de dobre titulación cun itinerario específico, permite ao estudantado cursar simultaneamente os estudos oficiais de Grao en Enxeñaría Informática e Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos.
Ten unha duración de 5 cursos académicos, distribuídos en 10 cuadrimestres. O número de créditos necesarios para superar o programa será de 354 créditos.
A Facultade de Informática da UDC imparte todas as disciplinas deste Programa de Simultaneidade.
O obxectivo científico, académico e profesional do programa de simultaneidade entre o Grao en Enxeñaría Informática e o Grao en Ciencia e Enxeñaría de datos é capacitar ao estudantado cunha formación especializada en ámbalas disciplinas, o que lles permitirá contar cun conxunto amplo e complementario de coñecementos, competencias e ferramentas para situarse como profesionais de gran valor na intersección de ámbalas disciplinas no ámbito profesional.
Número de prazas ofertadas: 10 neste curso académico.
O primeiro grao compartido entre dúas universidades galegas é o grao en Paisaxe, introducido no sistema universitario no curso 2018-2019. Estúdase unha parte (1.º e 2.º cursos) na Escola Politécnica Superior do campus da Universidade de Santiago en Lugo e os dous anos restantes na Escola Técnica Superior de Arquitectura do campus da Coruña. Trátase dunha titulación con tradición na maioría países europeos coa que se quere fornecer a empresas e administracións os profesionais altamente cualificados necesarios para a planificación, o deseño e a xestión da paisaxe tanto en ambientes urbanos como rurais, forestais ou do medio natural.
Os alumnos e alumnas do grao en Paisaxe reciben formación multidisciplinar en materias diversas como proxecto, urbanística, topografía, arquitectura, medio ambiente, botánica, edafoloxía, bioloxía, arte, historia, ecoloxía, xeoloxía, hidroloxía, construción, xeografía, economía, socioloxía etc.
Os graduados en Paisaxe traballan no deseño e xestión de espazos abertos privados e públicos, como xardíns, parques, viarios ou prazas axardinados, contornas de complexos urbanísticos, industriais, comerciais ou deportivos, así como na contorna de infraestruturas públicas como estradas, minas, vertedoiros etcétera. Tamén na realización de avaliacións de impacto ambiental, na restauración de espazos alterados e en estudos de distinta índole para proxectos relacionados co paisaxismo e a contorna construída.
Para obter máis información pódese contactar co coordinador do título, na UDC: Juan.caridad@udc.es
A Intelixencia Artificial (IA) é unha das áreas que máis interese atrae no ámbito das Ciencias da Computación, tanto dende o punto de vista científico-académico como do das súas aplicacións en múltiples sectores de actividade. Todos os seus avances están transformando o mundo e causando un enorme impacto en múltiples ámbitos e sectores da economía, a empresa e a sociedade.
O Grao en Intelixencia Artificial ten como obxectivo formar estudantes no deseño, desenvolvemento e despliegue de aplicacións de intelixencia artificial que permitan xestionar a complexidade crecente de grandes problemas actuais e darlles unha solución computacional. Por citar so uns poucos exemplos de áreas de aplicación típicas serían a mediciña personalizada, os sistemas de soporte á decisión, o vehículo autónomo, a robotización de procesos, as redes sociais ou o comercio electrónico. Para elo os estudos proporcionarán unha sólida formación científica e tecnolóxica nas bases e os modelos da intelixencia artificial, habilidades propias da enxeñería e coñecemento das tecnoloxías da información. Ademáis, se profundizará no estudo do aprendizaxe automático, o procesamiento da linguaxe natural, a visión artificial, o procesamento de grandes cantidades de datos e outras tecnoloxías clave como IoT, Ciberseguridade ou Robótica.
Con este novo grao a Facultade de Informática e o Sistema Universitario Gallego (SUG) se posicionan como referente no contexto educativo español para ofrecer titulados/as con formación xeneralista no ámbito da Enxeñaría Informática e unha especialización profunda no ámbito da Intelixencia Artificial.
O Grao Bilingüe en Relacións Internacionais está dirixido a estudantes con vocación internacional que queiran recibir unha formación integral e interdisciplinaria para poder traballar tanto en entidades públicas como privadas, tanto en España como no estranxeiro.
Desde unha perspectiva xeral, perséguese unha formación en transversal e multidisciplinar que persegue formar ao estudante en ámbitos de política internacional, de economía global, de dereito internacional ou de relacións internacionais para poder analizar con precisión os problemas e desafíos da sociedade internacional contemporánea e expor con rigor alternativas de resposta ou de adaptación.
Desde unha perspectiva particular, os estudantes contarán coa oportunidade de especializarse nos dous últimos anos a través de dúas mencións, unha sobre cooperación internacional para o desenvolvemento, e outra sobre xestión de proxectos e negocios internacionais.
Ademais, complementarase a formación do estudante con capacidades lingüísticas e tecnolóxicas que lle permitan desempeñar con solvencia a súa actividade profesional nunha contorna internacional.
O novo Grao Bilingüe en Relacións Internacionais está chamado a converterse na titulación de referencia para a formación de internacionalistas en Galicia e a súa contorna, ao tratarse dunha titulación única en todo o noroeste de España. O seu carácter interuniveristario como titulación conxunta da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo, así como o gran respaldo que obtivo grazas ao apoio de máis de trinta empresas, organizacións internacionais e outras entidades públicas e privadas, nacionais e internacionais, fan do novo Grao Bilingüe en Relacións Internacionais una das opcións máis atractivas do panorama universitario para o curso 2022/2023.
Número de prazas ofertadas (*): 23 no Campus de Ferrol (UDC) e 22 no Campus de Ourense (UVigo). Preinscrición independente para cada campus.
Requisitos de acceso: acreditación dun nivel B1 de inglés previo á preinscrición
(*) A implantación do novo Grao en Relacións Internacionais no curso 2022/2023 está condicionada a que previamente se completen os trámites de verificación do título, que actualmente están en proceso.
Modificouse o plano de estudos do grado en Tecnoloxías Mariñas pasando a denominarse a partir do curso 2021/22: Grao en Máquinas Navais.
O Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía está pensado para estudantes con gusto polas ciencias experimentais, con ganas de comprender os fenómenos naturais en profundidade e, sobre todo, co ánimo de introducirse nun campo absolutamente novidoso que se espera que o cambie todo ao noso arredor, segundo explica o coordinador do título, o decano da Facultade de Ciencias, Moisés Canle. “A nanociencia e a nanotecnoloxía son parte do noso futuro e están chamadas a revolucionar o mundo. O noso nivel de coñecemento ao respecto está hoxe nos seus inicios, o mesmo que as súas aplicacións. Unha comparación axeitada para comprender isto sería pensar no estado da informática a finais dos anos 60 do século pasado e como está hoxe, 60 anos despois. Algo semellante veremos dentro dalgúns anos coa nanociencia e a nanotecnoloxía”, avanza o decano.
Con este novo Grao a Facultade de Ciencias consolídase como un referente no eido das Ciencias Experimentais en Galicia converténdose nun verdadeiro polo de innovación e modernización. O Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía é un título único no Sistema Universitario Galego; en España só hai un precedente na Universidade Autónoma de Barcelona.
A nova proposta do Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía segue a liña iniciada hai varios cursos coa implantación de títulos novidosos, con gran expectativa tanto por parte do interese do alumnado como por parte do sector laboral, e únicos en moitos aspectos.
A partir deste curso este grao:
Ofrécense dous graos abertos: Ciencias Sociais e Xurídicas, no Campus da Coruña con dez prazas, e o de Enxeñaría Industrial, no Campus de Ferrol, con oito prazas. Os graos abertos combinan materias de varios graos da mesma rama de coñecemento. O obxectivo desta modalidade é ofrecer aos estudantes que inician o seu percorrido na UDC a posibilidade de non ter que escoller un grao nun primeiro momento, senón que poderán ir cursando materias de diferentes graos dunha mesma rama de coñecemento e, durante o segundo ano, elixir o grao que máis se adecúe ás súas preferencias.
Unha boa parte dos créditos que fagan serán recoñecidos no grao de destino, os que non, constaranlles igualmente no seu expediente académico e no seu Suplemento Europeo ao Título. Sempre contarán co asesoramento e acompañamento dun titor que lles axudará a ir definindo a súa traxectoria académica.
Amplía a información sobre o grao aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas
Amplía a información sobre o grao aberto en Enxeñaría Industrial