Preguntas frecuentes sobre as licenciaturas en extinción

 

Estas son algunhas das preguntas máis frecuentes que se pode facer a respecto das licenciaturas en extinción.

Se non atopa aquí a resposta ou ten algunha outra dúbida, pode consultar coa secretaría administrava do centro.

 

• A cantas convocatorias me podo presentar nunha materia na que me inscribín na convocatoria de decembro, pero á que non me presentei?

Se se inscribiu na convocatoria de decembro, pero non se presentou ás probas, poderá concorrer a dúas convocatorias máis de exame no curso 2013-2014: a de 1º cuadrimestre/xuño e a de xullo.

Se suspendeu as probas na convocatoria de decembro, só poderá usar unha convocatoria máis da súa elección: a de 1º cuadrimestre/xuño ou a de setembro.

• Se non teño superadas todas as optativas do primeiro ciclo da licenciatura, ata cando me podo matricular nelas?

O curso 2012–2013  foi o último con dereito a matrícula nas materias optativas do primeiro ciclo das licenciaturas.

• Se na convocatoria de setembro de 2013 non teño superadas todas as materias do segundo curso, podo ir á convocatoria de decembro de 2013?

Non, non pode: a convocatoria de decembro de 2013 corresponde ao curso académico 2013-2014. A última oportunidade para superar as materias do segundo curso é setembro de 2013, sempre e cando non teña esgotadas as súas convocatorias.

• Se na convocatoria de setembro de 2013 non teño superadas todas as materias de 1º ou 2º curso da licenciatura, que debo facer?

Deberá facer o cambio para a titulación de Grao dentro do prazo establecido para o curso 2013-2014 (pode consultalo na web da UDC ou preguntar na secretaría administrativa da Facultade) ou solicitar un último exame nas materias extinguidas sempre que cumpra os requisitos da Resolución reitoral de 27/09/2012.

• Cando podo pedir o recoñecemento de créditos de libre configuración?

Como norma xeral, ao facer a matrícula do curso seguinte á realización dos cursos ou seminarios.