A Facultade | Graos | Mestrados | Doutoramento | Investigación | Calidade | International Students
O mestrado ten unha duración de un ano académico e 60 créditos ECTS.
No primeiro cuadrimestre impartiranse os tres módulos de materias obrigatorias (27 créditos ECTS); no segundo, o estudante cursará o módulo da súa especialidade (21 créditos ECTS). Como colofón do mestrado, haberá que realizar e presentar un traballo fin de mestrado (12 créditos ECTS).
1.º CUADRIMESTRE
Teoría e crítica nos estudos literarios e culturais (9 créditos)
Tecnoloxías e métodos para os estudos literarios e culturais (9 créditos)
Literatura, cultura e arte (9 créditos)
2.º CUADRIMESTRE
Literatura e cultura no ámbito hispánico (21 créditos)
Literatura e cultura no ámbito galego-portugués (21 créditos)
Traballo fin de mestrado (12 créditos)