A Facultade | Graos | Mestrados | Licenciaturas | Doutoramento | Investigación | Calidade
Na Facultade impártense tres títulos de grao:
• Español: estudos lingüísticos e literarios
• Galego e Portugués: estudos lingüísticos e literarios
• Inglés: estudos lingüísticos e literarios
Os nosos graos ofrecen unha formación ampla e rigorosa. Combinan a formación especializada no ámbito lingüístico e cultural de cada un deles, co dominio avanzado doutras linguas, o estudo dunha segunda lingua estranxeira, o manexo das ferramentas tecnolóxicas, a apertura a outros ámbitos culturais, a posibilidade de escolleres o teu ámbito de especialización, etc.
A docencia está organizada en grupos, e en todas as nosas materias temos grupos reducidos de dez alumnos. Garantimos a docencia personalizada e a atención particularizada a través do plano de acción titorial.
Os nosos programas de intercambio ofrecen a posibilidade de cursares parte dos teus estudos noutras universidades españolas, europeas ou americanas, e tamén de compartires as aulas con estudantes doutros países que veñen á Facultade de Filoloxía.
Os graos inclúen un programa de prácticas profesionais que atende á inserción laboral dos estudantes e que se renova anualmente. A través das prácticas, podes entrar en contacto co traballo real no mundo editorial, en centros tecnolóxicos, en bibliotecas, na cooperación, en institucións culturais, no asociacionismo, e comprobar as posibilidades profesionais que che ofrecemos máis aló da docencia.
Se desexa consultar as taxas de rendemento e de éxito nos graos leccionados en Filoloxía, prema aquí.