Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Criterios de asignación de grupo

Aprobados pola Comisión Académica da Facultade o 23 de febreiro de 2017 e pola Xunta de Facultade de 20 de outubro de 2017

 

1.o curso
a) O alumnado distribuirase en catro grupos, por orde alfabética.
b) O alumnado que formalice a matrícula a partir de setembro incorporarase ao grupo D.

2.o curso
a) O alumnado con Idioma Moderno Italiano distribuirase alfabeticamente entre os grupos A e B.
b) O grupo C asignarase a quen cursen Id. Mod. Francés e o grupo D aos/ás que se matriculen en Id. Mod. Portugués.
c) O alumnado sen Idioma Moderno distribuirase por orde alfabética entre os grupos de xeito que queden cun número balanceado de estudantes.

3.o e 4.o cursos
a) O alumnado de programas de simultaneidade asignarase ao grupo A1 (e, se for necesario, ao grupo A2).
b) Os/as estudantes que non cursen simultaneidade distribuiranse, por orde alfabética, entre os grupos existentes, de forma que queden balanceados.

 

Cambios de grupo
Poderase solicitar cambio de grupo antes do 15 de setembro, ou nos 10 días seguintes á formalización da matrícula, ou noutro momento de se tratar dunha causa sobrevida.
Os motivos para o cambio, debidamente xustificados, poderán ser:
  - Coincidencia con outras materias ou estudos
  - Dificultades acreditadas para o uso do transporte público
  - Maternidade, paternidade, coidado de maiores ou dependentes
  - Incompatibilidade acreditada co horario de traballo
  - Calquera outro que, pola súa relevancia, poida terse en consideración


O formulario para a solicitude áchase en http://www.udc.es/filo/estudantes/grupos/