Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados | Licenciaturas | Doutoramento | Investigación | Calidade


Convocatorias

XXIII Premio de Creación Literaria e Ensaio
da Facultade de Filoloxía para todo o estudantado da UDC

A Facultade de Filoloxía convoca o XXIII Premio de Creación Literaria e Ensaio dirixido a todo o estudantado da Universidade da Coruña.

 

As modalidades de participación son oito:

· Poesía en galego             · Poesía en castelán
· Narrativa en galego         · Narrativa en castelán

· Teatro en galego              · Teatro en castelán
· Ensaio en galego             · Ensaio en castelán

O premio consistirá nun vale canxeable por libros, cortesía da Libraría Xiada, e a publicación conxunta dos traballos gañadores e dos accésits.

O xurado estará composto por profesorado da Facultade de Filoloxía e personalidades de recoñecido prestixio cultural.

Para máis información, consúltese o texto completo da convocatoria.

Data límite de recepción dos traballos: 18 de marzo de 2016 ás 14 h.