A Facultade | Graos | Mestrados | Licenciaturas | Doutoramento | Investigación | Calidade
A Facultade de Filoloxía convoca o XXII Premio de Creación Literaria e Ensaio dirixido a todo o estudantado da Universidade da Coruña.
As modalidades de participación son oito:
· Poesía en galego · Poesía en castelán
· Narrativa en galego · Narrativa en castelán
· Teatro en galego · Teatro en castelán
· Ensaio en galego · Ensaio en castelán
O premio consistirán nun vale canxeable por libros, cortesía da Libraría Xiada, e a publicación en libro conxunto dos traballos gañadores e dos accésits.
O xurado estará composto por profesorado da Facultade de Filoloxía e personalidades de recoñecido prestixio cultural.
Para máis información, consúltese o texto completo da convocatoria.
Data límite de recepción dos traballos: 15 de abril de 2015 ás 14 h.