Faculty of Philology

Preguntas frecuentes · Estudantado de 2.º a 5.º

Aspectos académicos

Como é a distribución das clases?

As materias obrigatorias contan cunha sesión expositiva e con 2 horas de sesións interactivas.

Cada estudante debe asistir todas as semanas ás dúas horas de clases interactivas que correspondan ao seu grupo.

 

Materias de 1.o e 2.curso

As materias de 1.ᵒ teñen a seguinte estrutura semanal:

- 2 horas de sesión expositiva
- 2 sesións interactivas de 1 hora cada unha

As sesións expositivas son conxuntas:

- por unha banda, para os grupos A e B,
- e por outra para os grupos C e D.

Débese asistir ás sesións expositivas e ás dúas sesións interactivas semanais que correspondan ao grupo asignado.

Excepcións
Literatura Española e Literatura Galega (2.º curso) teñen unha distribución especial, con sesións expositivas de 90 minutos ao longo de todo o curso.

 

  
Materias de 3.o ou 4.o cursos

As materias obrigatorias impártense polas mañás e teñen a seguinte estrutura semanal:

- 1 sesión expositiva de 90 minutos
- 2 sesións interactivas de 1 hora, que poden realizarse nunha única sesión de 120 minutos

No Grao en Inglés existen dous grupos de docencia interactiva (A e B). Débese ir ao asignado (v. listaxes de asignación de grupo).

 

As materias optativas impártense polas tardes e teñen a seguinte estrutura semanal:

- 1 sesión expositiva de 1 hora
- 1 sesión interactiva de 1 hora

Algunhas materias optativas do Grao en Inglés contan con dous grupos de docencia interactiva (A e B). Cómpre ir ao grupo asignado (v. listaxes de asignación de grupo do Gr. en Inglés).

 

Horarios

Dispoñibles no lugar da web dedicado a cada titulación:

Grao en Español  |  Grao en Galego e Portugués  |  Grao en Inglés  
Simult. Inglés e Español   |   Simult. Inglés e Galego e Port.  | Simult. Español e Galego e Port.

 

Calendario académico, datas que se deben ter en conta

Calendario de graos

 

Podo cambiar de grupo?

Si. Hai algunhas condicións e, se é por solapamento de horarios, tamén un prazo de 10 días desde o inicio de cada cuadrimestre.

    Normativa e formularios de solicitude

 

Que fago se non estou nas listaxes de asignación de grupo?

Se non apareces, solicita a túa inclusión mediante o formulario correspondente. Convén que tamén comprobes que todo é correcto na túa matrícula.

 

Que fago se coinciden dous exames?

Pódese solicitar o cambio de data do exame da materia do curso superior (todos os detalles, así como o formulario para a solicitude, están na Normativa de cambio de exames por solapamento).

 

 
Podo pedir dispensa de ir a clase?

Si, se cumpres con algún dos requisitos necesarios.

Isto está regulado na Normativa de dedicación ao estudo e dispensa académica.

 

Como funciona a avaliación por compensación?

Se só queda unha materia (máis o TFG ou TFM) para rematar unha titulación, pódese solicitar a avaliación por compensación.

Esixe algúns requisitos, entre eles, terse presentado a 3 oportunidades (ou 2 se a materia é do derradeiro curso), acadar nunha das oportunidades unha cualificación igual ou superior a 3,5 (ou igual ou superior ao 60 % da nota media na materia no curso anterior) e que a nota media do expediente sexa igual ou superior ao 80 % da media da última promoción da titulación. Ademais débense reunir outros requisitos recollidos no Regulamento de avaliación por compensación.

Pode solicitarse despois da finalización de cada un dos períodos de avaliación, nunhas datas que se establecen anualmente.

 

Que é a convocatoria adiantada?

Se só tes pendentes dúas materias para rematar o grao (máis o TFG) podes solicitar acceder a unha oportunidade adiantada, que normalmente é nos últimos días de novembro e os primeiros de decembro.

Isto está regulado nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións.

 

Podo pasar a simultaneidade?

Se estás nun grao, antes de entrar en 3.o podes solicitar a incorporación a un programa de simultaneidade.

Habitualmente en maio publícase a convocatoria de solicitude na páxina web da facultade. Se quedan prazas vacantes, hai unha segunda convocatoria en setembro.

Convocatoria do curso 2025/2026 e normativa que se aplica.

 

Podo cambiar de grao?

Si. Podes consultar as táboas de recoñecemento de materias entre graos da facultade.

Tamén podes incorporarte a un ➜ programa de simultaneidade.

Se tes outros estudos, rematados ou non, consulta o teu caso na ➜ administración.

 

  

Que teño que saber sobre os TFG?

Convén que coñezas a normativa, liñas ofrecidas, datas de solicitude de liña, prazos de entrega etc.

FAQ sobre os TFG

 

Como localizar a un profesor/unha profesora?

Case todo o profesorado ten o seu gabinete no edificio anexo da facultade, ao que se accede desde o aparcadoiro ou a través dun corredor no primeiro andar (a continuación da aula 1.6).

Os correos electrónicos tamén aparecen nas guías docentes.

Horarios de titoría

Teléfonos, correos electrónicos, número de gabinete

 

Que é o Plano de Acción Titorial?

O PAT ofrece a cada estudante o apoio e o acompañamento académico dun/ha profesor/a.

O/a titor/a é a persoa máis axeitada para obter información ou consello sobre aspectos académicos.

A facultade asigna un/ha titor/a a cada estudante ao comezar os estudos de primeiro.

 

Onde atopo formularios para solicitudes?

En xeral, nos espazos da web dedicados a cada asunto. Eses son os lugares axeitados para descargalos, porque estarán acompañados de aclaracións ou normativa, alternativas, indicacións sobre lugar de entrega ou envío etc.

Porén, varios formularios están compilados aquí.

 

  

Non son estudante de 1.º, pero é o meu primeiro curso na facultade

Convén que tamén botes unha ollada ás ➜ Preguntas frecuentes do novo estudantado.

 

 

Preguntas, queixas, suxestións, felicitacións e reclamacións

Formulario xeral

Existe un formulario para transmitir preguntas, queixas, suxestións e felicitacións a calquera órgano da UDC. Está accesible na parte inferior de calquera páxina web oficial da universidade (ligazón «Suxestións»).

Este formulario non debe empregarse para reclamacións de cualificacións de materias; estas reclamacións están reguladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitarioPodo reclamar pola avaliación recibida?

 

Preguntas, solicitude de información e suxestións

É conveniente acudir á ➜ administración ou directamente á persoa responsable (➜ Quen fai que na facultade?)

 

Podo reclamar pola avaliación recibida?

A reclamación pola avaliación das materias está regulada nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (artigos 27 e seguintes).

Aí están recollidos os motivos polos que é posible reclamar e a forma de facelo.

 

Servizos e instalacións

Administración
  • Situada no andar baixo. Horario: 9.00-14.00, luns a venres
  • Tramita matrículas, cambios de matrícula, solicitudes, certificacións etc.
  • Informa sobre trámites relacionados coas matrículas, recoñecemento de outros estudos etc.
  • Recolle documentación, solicitudes ao decanato etc.
  • Lugar de presentación de solicitudes de asignación de liña de TFG ou TFM

     administracion.filoloxia@udc.es
     (+34) 881 01 17 14   /  881 01 17 15   /  881 01 17 17

 

Conserxaría

• Situada no andar baixo, entre a entrada e a biblioteca (v. plano)

• Solicitude de información xeral:

· Onde están as distintas dependencias
· Onde localizar ao profesorado (v. tamén Como localizar a un profesor/unha profesora)
· Obxectos perdidos

• Para informar sobre incidencias, especialmente de aspectos materiais

     conserxaria.filoloxia@udc.es
     (+34) 881 01 17 13

 

Biblioteca

     biblioteca.fil@udc.gal
     (+34)  881 01 17 12

 


Espazos de traballo en grupo
  • Sala de traballo (primeiro andar, fronte á administración da Facultade de Turismo)
  • 2 salas de traballo para grupos pequenos (na biblioteca; pregunta no mostrador)

 

Servizo de cafetaría, máquinas de autoservizo e espazo para xantar

A cafetaría do centro conta coa oferta propia deste servizo, con algúns produtos e un menú a prezos taxados.

No andar 1 hai máquinas de autoservizo de bebidas frías e quentes e algún snack.

Xunto ás máquinas de autoservizo, á dereita, está dispoñible un espazo con mesas e forno microondas de libre acceso.

 

Situación comedor

 

Onde?

Solicitar certificacións académicas

Administración

 
Obter información sobre asuntos académicos

Administración

 

Entregar documentación ou solicitudes

Administración

(Excepto cando se indica que se faga na ➜ secretaría do decanato).

 

Informarme sobre atención personalizada a cada estudante

➜ Plano de Acción Titorial

 

Informarme sobre localización de espazos, de despachos de profesorado etc.

Pregunta en ➜ conserxaría.

 

Obxectos perdidos

Acude á ➜ conserxaría.

 

Avarías, mal funcionamento de algo

Se pensas que é de solución inmediata, faino saber na ➜ conserxaría.

Se consideras que é algo cuxo funcionamento debería ser modificado, contacta coa vicedecana responsable de infraestruturas e servizos.

 

New content section