Faculty of Philology

Bolsa para realizar un curso de italiano en Perugia

Convocatoria para a asignación dunha bolsa da Università per Stranieri di Perugia para estudar lingua e cultura italianas no ano 2024

 

A Università per Stranieri di Perugia outorga unha bolsa para estudar lingua e cultura italianas ao longo de 2024 (datas dispoñíbeis).

A bolsa inclúe: i) matrícula do curso; ii) 500 euros que se entregarán ao/á bolseiro/a unha vez cursados os primeiros 15 días e previa verificación da asistencia.

Destinatarios/as
Alumnado matriculado en Idioma Moderno: Italiano ou Idioma Moderno 2: Italiano ou Idioma Moderno 3: Italiano ou Idioma Moderno 4: Italiano no curso 2023/2024.

Prazo e lugar de presentación das solicitudes
Até o 15 de maio ás 14.00 h na Administración da Facultade de Filoloxía.

 

Texto íntegro da convocatoria

Formulario de solicitude

Adxudicación provisoria