O alumnado da materia Poesía en Lingua Galega e Portuguesa organiza unha exposición para lembrar a catástrofe ecolóxica do Prestige e para homenaxear as persoas afectadas e mobilizadas. A exposición está organizada en cinco seccións – Crónica e análise política, Impacto ecolóxico, Libros de fotografía, Libros de creación e Libros de poesía –. En cada unha delas pode verse un conxunto de obras e de textos relacionados con este acontecemento, de autores e autoras que contribuíron á causa co seu traballo.
Inauguración: Biblioteca de Filoloxía da UDC, 22 de novembro, 13:00. Inclúe visita guiada.
Visitas guiadas: 29 de novembro, 13:00 / 30 de novembro, 16:00. Inscricións: biblioteca.filoloxia@udc.gal ou 881011712 (até 1 hora antes da visita).
Organizan: Silvia Balseiro Fernández, Naira Ferreiros Arias, Laura Freire Ledo, Isaac Lourido, Elvira Mazás Pereiro, Romina Pereira Trillo e Pablo Santiso Vázquez
