Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Premio Martín Códax para o coro Cantábile polo libro-cedé Palabras de luz, que inclúe un poema de Lucía Cernadas, estudante do MLCD

 

Na VII edición dos Premios Martín Códax da Música foi galardoado o libro-cedé Palabras de luz do coro Cantábile. O disco inclúe un texto de Lucía Cernadas, estudante do Mestrado en Literatura, Cultura e Diversidade e graduada en Inglés e Galego e Portugués pola nosa facultade.

 

Lucía Cernadas na recepción do premio (1)

Lucía Cernadas na recepción do premio (2)

«Magnitude aparente», de Lucía Cernadas, interpretado polo coro Cantábile

Noticia en La Voz de Galicia