Facultade de Filoloxía

Literatura áurea e Humanidades Dixitais

Xornadas de investigación e difusión

17 e 18 de decembro de 2019

 

A equipa SIELAE do grupo de investigación HISPANIA (UDC) e a Biblioteca Nacional de España organizan as xornadas de investigación e difusión "Literatura áurea e Humanidades Dixitais" que se celebrarán no salón de actos da Biblioteca Nacional de España (Madrid) os días 17 e 18 de decembro de 2019.

Os interesados en asistir presencialmente deben inscribirse (gratuitamente) enviando unha mensaxe ao enderezo: difusion@bne.es. Aquí pode atoparse o programa en pdf.

Estas xornadas celébranse cun dobre obxectivo: por unha parte, celebrar o 25 aniversario da creación dos primeros recursos creados pola equipa SIELAE (Seminario interdisciplinar para el estudio de la Literatura áurea española de Universidade da Coruña) pioneira en España no uso das tecnoloxías informáticas aplicadas á investigación humanística (agora denominada Humanidades Dixitais); ester recursos reuníronse en 2013 no portal BIDISO (Biblioteca Digital Siglo de Oro). Por outra parte, estas xornadas marcan o inicio dunha colaboración, que se prevé fructífera, coa Biblioteca Nacional de España en diversos proxectos digitaies.

Estas xornadas reaízanse baixo o patrocinio da Sociedade Internacional Humanidades Digitales Hispánicas.

 

 

 

2019_12_17_Jornadas_Literatura_aurea_BNE