Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro
— XXX — memoria 2023 internacional. No curso 2022-2023 levouse acabo a mobilidade internacional cun exitoso intercambio coa Universidade de Leiria (Portugal). n VOLUNTARIADO A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) cons- trúe cidadanía crítica mediante un amplo programa de accións formativas e de sensibilización. Traballa a prol dos dereitos humanos e a xustiza social a tra- vés dunha convocatoria de educación para o des- envolvemento e coordinando 23 proxectos propios de voluntariado no eido sanitario, do senfogarismo, da diversidade funcional, de maiores, en peniten- ciarías, de inmigración, de menores e de sensibiliza- ción. Ademais disto, promociona a metodoloxía de aprendizaxe-servizo entre a comunidade universitaria. En 2023 participaron un total de 1475 estudantes en proxectos avaliados pola comisión de Aprendizaxe e Servizo. A OCV ofertou este ano 13 bolsas para persoas re- fuxiadas, en situación de protección internacional ou que proceden de países que reciben axuda oficial ao desenvolvemento, para que continúen ou inicien os seus estudos superiores na UDC. Nesta liña tamén fa- vorecemos os encontros virtuais entre alumnado da Universidade Autónoma de Honduras e da UDC para o intercambio de coñecemento. A OCV facilita o coñecemento doutras realidades a través de bolsas no eido da cooperación ao desenvol- vemento. Neste ano 2023 foron 6 alumnas e 2 PDI as persoas que se desprazaron ao terreo. Por outra ban- da, lidera o traballo de elaboración dunha estratexia común na UDC para a execución da Axenda 2030 e a consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable, para o que se reune cos diferentes ser- vizos da UDC. En canto á formación, é de salientar unha mención singular para as diferentes xornadas de sensibiliza- ción e formativas en materia de inmigración, persoas refuxiadas, persoas sen fogar ou educación para o desenvolvemento etc., que se levan a cabo ao longo do ano e nas que participaron 130 persoas, ademais dos cursos propios de formación para o voluntariado de nova incorporación.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==