Facultade de Ciencias da Saúde

A Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña (UDC) créase no ano 2001 (Diario Oficial de Galicia de 12 de decembro de 2001).

A súa sede atópase no Campus Universitario de Oza, na cidade de A Coruña.

Inclúe unha oferta formativa moi variada, especializada no ámbito de coñecemento das Ciencias da Saúde, con diversas titulacións universitarias oficiais de Grao, Mestrado, Doutoramento e Estudos Propios:

  • Grao en Terapia Ocupacional, recoñecida pola Federación Mundial de Terapeutas Ocupacionais (WFOT), no periodo 2022-2029. Foi a primeira en adaptarse, a nivel estatal, ás ensinanzas do Espazo Europeo de Educación Superior.
  • Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria. Ofrece tres especialidades: Investigación e innovación sociosanitaria, Fundamentos de investigación biomédica e Investigación clínica.
  • Mestrado Universitario en Xerontoloxía, impartido como título interuniversitario, pola UDC e a Universidade de Santiago de Compostela. As especialidades son Xerontoloxía Clínica e Social.
  • European Master of Science in Occupational Therapy. Consta de 6 módulos, acollidos por diversas universidades europeas. A UDC imparte un módulo de 12 ECTS.
  • Tres Programas Oficiais de Doutoramento: Doutoramento en Ciencias da Saúde, Doutoramento en Neurociencias e Doutoramento en Saúde e Motricidade Humana.
  • O título de Estudos Propios denominado Mestrado de Formación Permanente en Xerontoloxía e Xeriatría.

A Facultade de Ciencias da Saúde conta cun sistema de garantía interna de calidade (SGIC), co obxectivo de favorecer a mellora continua das titulacións impartidas, atendendo ao proceso deseñado pola Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ANECA) e a Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). O SGIC da Facultade está constituido por 14 procesos, clasificados en 7 dimensións, que dan resposta aos estándares de calidade, ás directrices do Programa FIDES-AUDIT e aos criterios de seguimento e acreditación dos títulos oficiais da ACSUG. 

Campus de Oza
C.P. 15006, A Coruña, España