O Equipo de Xestión da Investigación (EXI) é unha unidade administrativa dependente da Vicexerencia de Xestión da Investigación e da Vicerreitoria de Investigación e Transferencia, que traballa en coordinación co Servizo de Investigación (SERIN) e a Oficina de Transferencia de Coñecemento (OTC).
Misión: A xestión económica dos fondos alleos de investigación e a contratación laboral con cargo a proxectos e convenios tendo como obxectivo conseguir unha maior especialización e eficacia. O EXI debera de axudar a impulsar a estratexia de investigación da Universidade da Coruña.
Visión: A situación actual no tocante as políticas de I+D+i, obrigan a modernizar as nosas estruturas relativas a investigación, facilitando a xestión económica dos proxectos. A centralización da xestión pretende conseguir implementar unha serie de sinerxias que poidan axudar na transmisión dos coñecementos e na axilización dos procesos