No momento de faceres a matrícula facilitóuseche un código alfanumérico de activación de servizos. Ese código será a túa chave para crear a túa conta e realizar calquera xestión como membro da comunidade a través dos servizos web que ofrece a UDC:
As notificacións oficiais chegaranche ao teu correo electrónico da UDC, polo que non deixes de consultalo. Se esqueces o teu contrasinal podes solicitar un novo na administración do teu centro de estudos, tras acreditar a túa identidade. Lembra que debes cambiar o contrasinal cada ano por cuestións de seguridade.
Para ter acceso á wifi da UDC nos teus dispositivos podes facelo de dous xeitos:
A TUI é unha tarxeta dixital, realizada en colaboración co Santander, que te identifica como estudante. Terás que descargar a aplicación da UDC no teu móbil (Android / Iphone), autenticarte coa túa conta da UDC e disporás dela ao instante.
Na App UDC obterás información de gran utilidade: