Nas aulas

Calendario académico

Consulta o calendario académico. Ademais na páxina web do teu centro atoparás información de horarios e calendario de exames.

Plan de Acción Titorial (PAT)

Desde que comezas os estudos podes contar cunha persoa de referencia (dependendo do centro pode ser profesorado ou alumnado) para informarte, apoiarte e orientarte en distintos ámbitos: académico, administrativo, profesional, persoal e social. Na web da túa escola ou facultade atoparás máis información sobre o PAT da túa titulación.

Campus virtual

O Moodle é a plataforma virtual docente da UDC á que poderás acceder coas túas credenciais e obter recursos para a formación, tales como apuntamentos, prácticas, e demais material docente.

Secretaría Virtual

Facilítache o acceso ao teu expediente académico e aos teus datos persoais.
Durante o período de matrícula, podes utilizala para levar a cabo a automatrícula.

Axuda TIC

Contacta con Axuda TIC para solucionar calquera incidencia ou dúbida en temas TIC.

Office 365 na UDC

Como estudante da UDC tes acceso á descarga do paquete de aplicacións de Microsoft Office 365, que inclúe a última versión de Word, Excel, PowerPoint, Outlook, Teams, Forms etc.; e Office Online para traballar de forma cooperativa e desde calquera lugar. Ademais a UDC ofrece almacenamento limitado en OneDrive.

Descarga Office 365

Bibliotecas

O Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña xestiona máis dun millón de títulos impresos e dixitais e dá acceso a 59 bases de datos que dan soporte ao estudo, á docencia e á investigación.

A sede da Biblioteca Central está no Edificio Xoana Capdevielle e hai 16 bibliotecas repartidas polos campus da Coruña e Ferrol cun total de 3.473 postos de lectura.

Salas de estudo

As nosas salas de estudo contan con 1.698 postos repartidos na Coruña e Ferrol. Teñen horarios especiais en épocas de exame. Consulta os horarios e as normas de uso.

Centro de Linguas

Imparte cursos de inglés, francés, alemán, italiano e portugués nos campus da Coruña e Ferrol. Tamén ofrece cursos de español dirixidos ao estudantado de mobilidade internacional. No Centro de Linguas tamén poderás obter acreditacións oficiais en inglés (ACLES, IELTS e APTIS).

Normalización Lingüística

O Servizo de Normalización Língüística ofrece asesoramento lingüístico, formación en lingua galega, axudas para a realización en galego de traballos de fin de grao, de fin de máster ou de doutoramento, ademais de organizar diferentes actividades de promoción de uso do galego na UDC.

CUFIE

O Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) organiza cursos e obradoiros para potenciar e mellorar as túas habilidades académicas e persoais.