Móvete polo mundo!

Se queres ter unha experiencia internacional, na Oficina de Relacións Internacionais informarante de todas as opcións para realizar parte da túa carreira nunha universidade estranxeira, como Eramus ou a través doutros programas de intercambio.

Intercambio bilateral

Son estadías fóra do programa Erasmus con fins de estudo en calquera universidade do mundo co que exista un convenio de intercambio bilateral.

A Universidade da Coruña conta con bolsas propias para o estudantado de intercambio bilateral.

Erasmus+

Existen dúas modalidades:

  • Erasmus con fins de estudo, para realizar parte dos teus estudos noutra universidade ou institución coa cal exista un acordo Erasmus.
  • Erasmus prácticas, para o alumnado que aínda non rematou os seus estudos ou que se acaba de titular.

International Summer School (ISS)

Queres aproveitar parte do teu verán aprendendo algunha materia da túa carreira en inglés?

Practicarás o idioma con profesorado e alumnado estranxeiro.

Mobilidade en España

Se prefires moverte dentro de España, e estudar parte da túa titulación sen saír do país, o teu programa é o Sicue.