Emprego

UDC emprego

Na UDC contas cun activo servizo de emprego para axudarche a mellorar a túa empregabilidade con formación e asesoramento.

Ademais organizamos unha feira de emprego para favorecer o contacto entre as persoas tituladas da UDC e o sector empresarial.

 

Viveiro de empresas UDC

Se tes unha idea empresarial innovadora, a UDC pon á túa disposición o Viveiro de Empresas. Poderás desenvolver o teu
proxecto empresarial con asesoramento para facilitarche a entrada no mercado.

Máis de 50 empresas pasaron xa por este espazo!


Alumni UDC

O teu paso pola Universidade non remata coa consecución do título. Podes seguir vinculado/a á UDC integrándote na asociación de antigo alumnado Alumni UDC.

Queremos seguir en contacto contigo!