Preinscrición: Dende o 21 de marzo ata o 30 de abril de 2025
Proceso de selección: 05 de maio ó 13 de xuño de 2025
Listaxe provisional de admitidos/as: 18 de xuño de 2025.
15 participantes por curso.
Matrícula Ordinaria: 1000€/curso (becado pola Fundación ONCE)
1900 horas (76 ECTS) do programa académico
Docencia: Luns a xoves, de 9:00 a 14:00 horas. Obradoiros, os venres de 9:30 a 13:30
Titorías e Servizos de Apoio: luns a xoves, de 16:30 a 19:00 horas.
Levarase a cabo unha charla informativa online para presentar as características do programa Espazo Compartido e aclarar todas as dúbidas sobre o proceso de presinscrición e selección.
As persoas interesadas en formar parte do curso de formación ‘Espazo Compartido’ e/ou os seus representantes legais, deberán completar o formulario de preinscrición, imprimilo e presentalo xunto con toda a documentación acreditativa no rexistro da Reitoría, (situado no edificio da Reitoría- Rúa da Maestranza 9 15001, A Coruña), ou no rexistro da Vicerreitoría do Campus de Ferrol (Rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n, Campus de Esteiro 15403, Ferrol).
Ligazón ó formulario de inscrición: https://forms.office.com/e/WHKV3VDgam?origin=lprLink
O xustificante deberá acompañarse da seguinte documentación: