O Plan de Acción Titorial é un programa de atención e apoio ao estudante que ten como obxectivo facilitar a a súa integración na Universidade e dar a coñecer todas as posibilidades que esta lle ofrece.
Buscamos ofrecer a atención personalizada e comprometida do titor ou titora (docente na titulación), que consiste en orientar, guiar, informar e formar ao estudante nos diferentes aspectos da súa traxectoria académica, profesional e persoal, de modo que este alcance o maior nivel de desenvolvemento.
Iniciación ás ferramentas TIC da UDC para novos estudantes.
Información sobre mobilidades dentro dos programas Erasmus+ y Sicue
Actividades formativas enfocadas ao futuro laboral (entrevista traballo, ...).
Orientación ao estudante no plano académico, social e institucional da UDC.
Adaptacións personalizadas para estudantes con necesidades especiais.