Mestrado en avogacía + LLM Widener University, School of Law

A Universidade da Coruña ofrece unha posibilidade única para o estudantado. Os estudantes matriculados no Mestrado en Avogacía e Procuradoría UDC + ICACOR teñen a posibilidade de realizar, unha vez finalizados os tres cuadrimestres do Mestrado en Avogacía e Procuradoría da UDC, un semestre na Widener University, Delaware Law School, Estados Unidos, e obter así o seu LLM in Corporate Law & Finance ou o LLM in Human Rights and Dignity Law. Deste xeito, a Universidade de Widener recoñecerá os créditos cursados no Mestrado en Avogacía e Procuradoría UDC + ICACOR e, con cursar un só semestre, o alumno pode obter o correspondente LLM e graduarse na Widener University, Delaware Law School.

Plan de Estudos

Primeiro curso

Primeiro cuadrimestre:

  • Práctica Procesual Civil
  • Práctica Substantiva Civil I
  • Técnicas Instrumentais
  • Práctica Procesual e Substantiva Laboral
  • Deontoloxía e Técnicas Transversais
  • Práctica Administrativa

Segundo cuadrimestre:

  • Práctica Procesual Penal
  • Práctica Substantiva Penal
  • Práctica Substantiva Civil II
  • Prácticas Externas I

Segundo curso

Primeiro cuadrimestre:

  • Práctica Mercantil
  • Práctica Tributaria
  • Prácticas Externas II.

Nota: os alumnos deberán adiantar as Prácticas Externas II para finalizalas antes da súa incorporación na U. Widener.

  • Traballo Fin de Mestrado.

Nota: os alumnos que se incorporen á U. Widener poderán defender o seu TFM en liña, nas datas da primeira convocatoria, ou defendelo presencialmente nas datas da segunda convocatoria.

Semestre na Widener University, Delaware Law School (xaneiro-maio)

Materias do LLM in Corporate Law & Finance:

  • LLM American Legal System; American Legal system for Corporate Law
  • LLM Legal Research, Writing & Analysis
  • Business Organizations
  • Securities Regulation
  • Constitutional Law
  • Seminar: Advanced Corporations

Materias do LLM in Human Rights and Dignity Law:

  • LLM American Legal System; American Legal system for Corporate Law
  • LLM Legal Research, Writing & Analysis
  • Dignity Rights Clinic
  • Human Rights Colloquium; Dignity Rights.
  • Constitutional Law; Comparative Constitutional Law; US Constitutional Law I; Constitutional Law II

Os estudantes poderán cursar outras materias e seminarios relacionados coas anteriores. O plan de estudos definitivo concretarase coa organización académica da Widener University, Delaware School of Law, no momento de formalizar a matrícula.

Requisitos

  • Ter un certificado de nivel de inglés nivel B2 dos certificados recoñecidos por ACLES no momento da solicitude:

https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_2023_02_03.pdf

  • Ter superado 30 ECTS do Mestrado de Avogacía e Procuradoría UDC+ ICACOR no momento de solicitude.
  • Ter 21 anos de idade no momento de incorporación na Widener University, Delaware Law School.

Procedemento de solicitude

Os alumnos interesados en acceder ao programa coa Universidade de Widener deberán realizar a correspondente solicitude na secretaría da Facultade de Dereito da UDC tras completar satisfactoriamente os 30 ECTS do primeiro cuadrimestre do primeiro curso do Mestrado en Avogacía e Procuradoría UDC + ICACOR, antes do día 28 de febreiro do ano anterior ao ano no que se prevé facer a mobilidade.

Unha vez aceptados no programa, os alumnos deberán realizar o proceso de solicitude na Widener University, School of Law, que inclúe a presentación da documentación necesaria para a aceptación, a tramitación do aloxamento nas instalacións da universidade e a tramitación do visado correspondente para poder estudar nos Estados Unidos.

Os alumnos interesados poden realizar a solicitude na nova aplicación do portal, na ligazón seguinte: 
https://succeed.widener.edu/register/delgrad_app_launcher

Data límite: o 15 de Setembro de 2024, para ter os documento para viaxar en Xaneiro.

Custos e axudas

O semestre na Widener University, Delaware School of Law terá un custo aproximado para o alumno de 6,500 dólares estadounidenses, sen incluír o aloxamento e o seguro de saúde obrigatorio. Este prezo inclúe un desconto para os alumnos da UDC e pode variar de ano en ano.

A aceptación no programa non implica soporte económico. 

Novos precios para o Master Dual LLM 2024/2025