Escolas Deportivas

Para poder participar en calquera actividade programada pola Área de Deportes da UDC, todos os membros da Comunidade Universitaria deberán ser Abonados/as da Área de Deportes.

O público en xeral deberá abonar unha matrícula, a maiores do prezo da actividade en cuestión na que se anoten, para poder participar nas actividades abertas a eles/as...

Inicia ou perfecciona a túa actividade deportiva nalgunha das escolas deportivas da universidade da Coruña. Poderás inscribirte ao longo do curso:

1º cuadrimestre: do 16 de setembro ao 7 de febreiro
2º cuadrimestre: do 10 de febreiro ao 30 de xuño

Os membros da Comunidade Universitaria poderán inscribirse a partir do 9 de setembro e o público en xeral a partir do 16 de setembro.

  • Todas as escolas deportivas rexeranse polo calendario académico universitario. Cando o calendario académico universitario marque un festivo ou non lectivo, ese día, non haberá clases e non se recuperarán.
  • Os universitarios/as (alumnos/as de Grao) que tomen parte nalgunha escola deportiva, terán a posibilidade de obter o recoñecemento de créditos (normativa e resolución reitoral), de ter unha asistencia mínima ás sesións do 85% durante todo o curso académico.
  • Descontos nas matrículas: 25% para a segunda escola e 50% para a terceira e sucesivas (só para escolas anuais e non computarán as escolas gratuítas).
  • Os/as usuarios/as que teñan feita unha inscrición no primeiro cuadrimestre, terán a preferencia para a reserva da praza que ocupan no segundo cuadrimestre, abríndose para eles/as un periodo de renovación anterior ao prazo de inscrición do segundo cuadrimestre.
  • A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha escola de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

Máis información e inscricións

 

ESCOLAS INFANTÍS DE INICIACIÓN DEPORTIVA:

* Ximnasia artística

Psicomotricidade (de 3 a 4 anos)

Escola (de 5 a 10 anos)

Habilidades Acrobáticas (maiores de 11 anos)


* Baloncesto (de 6 a 12 anos)
* Fútbol 7 (de 6 a 12 anos)

  • O obxectivo principal destas escolas é a iniciación de forma lúdica nunha modalidade deportiva, aprendendo dos principais valores que proporciona o deporte, como son a colaboración, a solidariedade, a cooperación...
  • Actividades gratuítas deseñadas para fillos e fillas de membros da Comunidade Universitaria.
  • Todos os nenos e nenas participantes deberán ter o Abono Deporte do curso académico en vigor.
     

Máis información e inscricións