BONOS FITNESS

Todos os usuarios dos BONOS FITNESS E TOTAL FITNESS deberán ser Abonados/as da Área de deportes ou ter a Matrícula deportiva (nas opcións abertas ao público en xeral)

Os/as usuarios/as que teñan feita unha inscrición no primeiro cuadrimestre, terán preferencia para a reserva da praza que ocupan no segundo cuadrimestre, abríndose para eles/as un período de renovación anterior ao prazo de inscrición do segundo cuadrimestre.

Poderás inscribirte ao longo do curso:

1º cuadrimestre: do 16 de setembro ao 7 de febreiro
2º cuadrimestre: do 10 de febreiro ao 30 de xuño

Os membros da comunidade universitaria poderán inscribirse a partir do 9 de setembro e o público en xeral a partir do 16 de setembro.

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

 

BONO FITNESS

Inclúe todas as actividades de Fitness.

ZUMBA: Sala multiusos do estadio do Campus de Elviña. Luns e mércores das 19:00 ás 20:00 h.

GAP: Sala multiusos do estadio do Campus de Elviña. Luns e mércores das 20:00 ás 21:00 h.

                                                                                                Martes e xoves das 19:00 ás 20:00h.

UNIBIKE: Sala multiusos do estadio do Campus de Elviña. Martes e xoves das 20:00 ás 20:45 h.

HIIT FIT: Sala multiusos do estadio do Campus de Elviña. Luns e mércores das 21:00 ás 21:45 h.

 Inscricións

 

TOTAL FITNESS

Inclúe todas as actividades do Bono Fitness e a Sala de Musculación en todo o seu horario de apertura 09:00 a 22:30 h.

Inscricións

 

Definición de actividades dirixidas (non están todas incluídas nos bonos fitness)