Atletismo

CEU 2025

- Data: 2-4 de maio

- Data límite de inscrición: 14 de abril ás 14:00 h

- Universidade organizadora: Politécnica de Madrid

- Localidade: Madrid

- Instalación: Estadio Vallehermoso

- Web do campionato

- Inscrición: as persoas interesadas en inscribirse nestes Campionatos sen o apoio económico da UDC, poden contactar coa Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte (vdcd@udc.gal) e consideraremos cada unha das situacións.

Na propia solicitude de inscrición deberás de aportar a seguinte documentación:

  1. Nome e apelidos, e modalidade na que desexe participar.
  2. Unha fotografía da persoa acreditada cun tamaño máximo de 100 Kb e extensión JPG.
  3. Currículum deportivo dos últimos 3 anos.
  4. Situación laboral actual. Se esta mudase ata o día da competición, deberase comunicar á Área de Deportes.
  5. Certificación da marca mínima mediante a presentación de captura de pantalla do historial do atleta (da web da RFEA, www.rfea.es) na que deberá figurar a marca referida. Cada deportista poderá inscribirse nun máximo de 2 probas das que tivese marcas mínimas.

Os deportistas deberán de consultar no regulamento técnico a marca mínima esixida polo CSD.