A Universidade da Coruña ofrécelle á súa Comunidade Universitaria a posibilidade de participar tanto en competicións propias organizadas pola Área de Deportes (competicións internas) como en competicións e campionatos organizados por outras institucións nacionais e internacionais (competicións externas), nos que poderán representar á UDC.
Despois de participar en competicións (alumnado de grao e mestrado), poderase obter o recoñecemento de créditos (consultar no apartado de normativa).
Competicións internas
Competicións externas
Consideracións importantes a ter en conta para participar en competicións externas:
- Para poder participar nas competicións deportivas universitarias externas (autonómicas, nacionais ou internacionais), todas as persoas interesadas deberán de inscribirse previamente (ver ligazón na parte inferior desta páxina)
- As condicións para poder participar nelas dependerá de cada tipo de competición e dos regulamentos xerais, e especificos de cada campionato.
- Entre todas as personas inscritas, a Área de Deportes seleccionará ás deportistas que representarán á UDC nas diferentes competicións.
- Nos Campionatos Galegos Universitarios (CGU) poderán participar todas as persoas interesadas e que pertenzan ao colectivo da comunidade universitaria da UDC.
- Gañar o campionato galego universitario (CGU) no deporte correspondente non asegura a participación no campionato de España universitario (CEU).
Os criterios de selección para a participación en competicións deportivas universitarias externas dependerán dos seguintes aspectos:
- A viabilidade económica (desprazamento, aloxamento, manutención, etc.)
- Posibilidades deportivas na competición correspondente
- O informe favorable da persoa designada como seleccionadora ou polos correspondentes responsables técnico
Lembramos que nos Campionatos de España Universitarios (CEU) poden participar todas aquelas persoas que se atopen matriculadas no presente curso académico, e que acrediten ser estudantes de grao, mestrado ou doutoramento, dos títulos que teñan carácter oficial e validez en todo o territorio nacional aos que se refire o artigo 9 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario, pertencentes a calquera universidade recoñecida e representada no Comité Español de Deporte Universitario (CEDU). Poderán solicitar a súa participación todas aquelas persoas que cumpran os requisitos que establece o Regulamento de participación en competicións deportivas externas da UDC, e os respectivos Regulamentos xerais Técnicos do CSD de cada competición (consultar na ligazón Campionatos de España Universitarios, CEU).
Se queres formar parte das seleccións deportivas universitarias pincha nesta ligazón (solicitude de participación)
Para presentar a solicitude non é necesario ter o Abono Deporte.
O prazo para presentar as solicitudes é do 2 ao 12 de febreiro (ata as 14:00 h).