Golf

Instalacións con acordo de colaboración

Para poder beneficiarse das tarifas especiais nas instalacións colaboradoras coa Área de Deportes da UDC, todos os membros da Comunidade Universitaria deberán ser Abonados/as da Área de Deportes no presente curso académico e presentar a correspondente acreditación na instalación que desexen utilizar. O pagamento realizarase na propia instalación antes do comezo da actividade. Antes de acudir á instalación deberán confirmar a asistencia na Área de Deportes.

 

Miño Golf Club

  • 3 saídas ao mes a 15 € (agás os meses de xuño, xullo e agosto) e a partir das 09:30 h de luns a domingo.
  • Entrada ás instalacións en réxime de socios (agás as saídas ao campo e a piscina)
  • Prezos nos torneos con tarifa de invitado de socio
  • No caso de facerse socio estarán exentos da cuota de inscrición, so tendo que pagar a cuota mensual correspondente.

Miño Golf Club

 

Campo Municipal de Golf Torre de Hércules

  • Inscrición gratuíta
  • Cuota mensual
    • mañá/3ª idade: 13,39 €
    • individual: 17,90 €
    • familiar: 22,38 €
    • 3ª idade e junior: 9,66 €
  • Curso iniciación/medio
    • 18 horas (6 a 8 persoas): 89,95 €/persoa
    • 12 horas (4 persoas): 89,95 €/persoa
    • 9 horas (3 persoas): 89,95 €/persoa
    • 6 horas (2 persoas): 89,95 €/persoa
  • Curso perfeccionamento Hándicap
    • 10 horas (2 persoas): 149,95 €/persoa
    • 15 horas (3 persoas): 149,95 €/persoa
    • 20 horas (4 persoas): 149,95 €/persoa

C.M.G. Torre de Hércules

 

Golf Paderne

  • Green fee 18 foxos para xogadores con licencia:
    • 12 € en días laborais
    • 15 € en fin de semana e festivos
    • para torneos oficiais no club especificarase no regulamento
  • Horario de xogo sen restriccións baixo reserva previa.
  • Aluguer de paus por 5 € ao día para xogadores/as con licenza.
  • Clases particulares:
    • 8 €/persoa e hora (para grupos de catro persoas)
  • Participación nas "Friends Cups" para noveles da RFEG, inscrición de 8 € con dereito a 4 h de clase de balde con monitor.
  • Uso de vestiarios, restaurante-cafetaría, cancha de prácticas, putting green e demais instalacións, sen restriccións.

Golf Paderne

 

Campomar

  • Green fee 18 foxos para xogadores con licencia:
    • 15 € en días laborais
    • 20 € para torneos oficiais no club
  • Horario de xogo sen restriccións
  • Aluguer de paus por 10 € ao día para xogadores/as con licenza.
  • Clases particulares:
    • 6 €/persoa e hora (para grupos de catro persoas)
  • Participación nas "Friends Cups" para noveles da RFEG, inscrición de 5 € con dereito a 4 h de clase de balde con monitor.
  • Uso de vestiarios, restaurante-cafetaría, cancha de prácticas, putting green e demais instalacións, sen restriccións.

Club de Golf Campomar